Kuolleet lehdet
| Kuolleet lehdet | |||||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
| Wikidata | |||||||||||||||||||||||
Kuolleet lehdet é un filme finés-alemán de 2023 dirixido e escrito por Aki Kaurismäki.[1] É a vixésimo longametraxe de Kaurismäki e unha continuación da súa serie Proletariado, que orixinalmente estaba prevista como unha triloxía e que inclúe Varjoja paratiisissa ( 1986), Ariel (1988) e Tulitikkutehtaan tyttö (1990).[2][3] Alma Pöysti e Jussi Vatanen son os protagonistas deste filme. O filme foi producido por Sputnik e Bufo.[1]
Estreouse o 22 de maio de 2023 no Festival de Cinema de Cannes, e foi escollido para competir pola Palma de Ouro na sección principal da competición, onde gañou o Premio do Xurado. Foi estreado nos cinemas de Finlandia o 15 de setembro de 2023. Recibiu aclamación da crítica e foi considerado un dos cinco mellores filmes internacionais de 2023 pola National Board of Review. Foi escollido como candidato de Finlandia para o Óscar ó mellor filme internacional na 96ª edición dos premios,[4][5] clasificándose na lista curta de decembro.[6]
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Alma Pöysti como Ansa
- Jussi Vatanen como Holappa
- Janne Hyytiäinen como Huotari
- Nuppu Koivu como Liisa
- Sherwan Haji[7]
- Matti Onnismaa como xefe do taller de ferro
- Simon Al-Bazoon como guardián de net café
- Martti Suosalo como xefe de Ansa
- Maustetytöt como eles mesmos
- Sakari Kuosmanen como un home na pousada
- Maria Heiskanen como enfermeira xefa
- Alina Tomnikov como Tonja
- Alma o can como Chaplin o can (sen acreditar)[8]
- Juho Kuosmanen (sen acreditar)[7]
Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 B-Plan Distributionin tiedote (10 de xuño de 2022). "Aki Kaurismäki ohjaa työläistrilogiansa neljännen osan". Filmikamari (en finés). Consultado o 10 de xuño de 2022.
- ↑ "Köyhät luuserit paremman maailman haussa – Kaurismäen työläistrilogia on ihmisyyden asialla" (en finés). Yle. Consultado o 10 de xuño de 2022.
- ↑ Pham, Annika (24 de maio de 2023). "Kaurismäki about war in Ukraine, love, Chaplin, and asparagus". Nordisk Film & TV Fond. Consultado o 19 de xullo de 2023.
- ↑ Sundqvist, Janne (13 de setembro de 2023). "Kuolleet lehdet on Suomen Oscar-ehdokas – Kaurismäki Ylelle: Mikään ei voisi kiinnostaa vähemmän" (en finés). Yle. Consultado o 13 de setembro de 2023.
- ↑ Raita-aho, Sanna (13 de setembro de 2023). "Aki Kaurismäen Kuolleet lehdet valittiin Suomen Oscar-ehdokkaaksi – ohjaajan boikotti päättyi tällä erää". Helsingin Sanomat (en finés). Consultado o 13 de setembro de 2023.
- ↑ Bergeson, Samantha (21 de decembro de 2023). "2024 Oscar Shortlists Unveiled: 'Barbie,' 'Poor Things,' 'Maestro,' and 'The Zone of Interest' Make the Cut". IndieWire. Consultado o 22 de decembro de 2023.
- 1 2 Bałaga, Marta (23 de maio de 2023). "'Fallen Leaves' Stars Alma Pöysti and Jussi Vatanen Talk 'Sensei of One-Liners' Aki Kaurismäki". Variety. Consultado o 26 de setembro de 2023.
- ↑ Roxborough, Scott (26 de maio de 2023). "Cannes: 'Anatomy of a Fall' Border Collie Messi Wins Palm Dog in Most Competitive Canine Contest Yet". The Hollywood Reporter. Consultado o 29 de novembro de 2023.