Hymyilevä mies
| Hymyilevä mies | |||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| Wikidata |
Hymyilevä mies é un filme finlandés de 2016 dirixido por Juho Kuosmanen. É unha coprodución entre Finlandia, Suecia e Alemaña. Estreouse no Festival Internacional de Cinema de Cannes de 2016,[1][2] onde gañou o premio Un Certain Regard.[3] Foi escollido como candidato de Finlandia para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 89ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.[4]
Sinopse
[editar | editar a fonte]Ano 1962: Olli Mäki é un boxeador afeccionado da cidade de Kokkola convertido en profesional que, mentres asiste a unha voda, se namora da súa amiga Raija. Viaxan a Helsinqui onde o seu representante Elis Ask está a preparar o gran salto de Olli: unha loita polo título de campión de peso pluma da Asociación Mundial de Boxeo contra o recoñecido boxeador estadounidense Davey Moore no Estadio Olímpico de Helsinqui. A pelexa será un dos eventos máis importantes da historia do deporte finlandés, aínda que a maioría da xente, incluído Olli, son escépticos: os rexistros de Moore superan con moito aos de Olli.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Jarkko Lahti como Olli Mäki
- Oona Airola como Raija Jänkä
- Eero Milonoff como Elis Ask
- John Bosco Jr. como Davey Moore
Os auténticos Olli e Raija Mäki aparecen brevemente ao final do filme, cando Raija mira cara a eles e pregunta a Olli: "coidas que seremos coma eles cando sexamos vellos?".[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ IndieWire (ed.). "2016 Cannes Film Festival Announces Lineup". Consultado o 14 de abril de 2016.
- ↑ Variety (ed.). "Cannes 2016: Film Festival Unveils Official Selection Lineup". Consultado o 14 de abril de 2016.
- ↑ Rebecca Ford and Rhonda Richford (21 de maio de 2016). The Hollywood Reporter, ed. "Cannes: 'The Happiest Day in the Life of Olli Maki' Wins Un Certain Regard Prize". Consultado o 21 de maio de 2016.
- ↑ Holdsworth, Nick (5 de setembro de 2016). The Hollywood Reporter, ed. "Oscars: Finland Selects 'The Happiest Day in the Life of Olli Maki' for Foreign-Language Category". Consultado o 5 de setembro de 2016.
- ↑ Finnish Boxing Movie ‘Olli Maki’ Serves Up Surprising Quirk With its Punches
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Hymyilevä mies na IMDb (en inglés).