Kumrovec
Kumrovec é unha pequena vila croata situada a 25 km ao noroeste de Zagreb, e pertencen á rexión de Zagorje preto da fronteira con Eslovenia.
Pese ao seu reducido tamaño é coñecida por sela vila natal do militante comunista e presidente da República Federal Socialista de Iugoslavia, Josip Broz Tito.
Na actualidade a casa natal do dirixente Iugoslavo, unha construción típica de finais do século XIX, forma parte do Museo Etnolóxico Staro Selo (traducido ao galego: Museo Etnolóxico Pobo Vello), que é o maior museo etnolóxico ao aire libre de Croacia. Este Museo comezou a construírse no ano 1977 e consta de 18 casas e unhas 40 construcións agrícolas, incluíndo aparellos da vida diaria, maquinaria agrícola, fornos, teares, ferrerías etc, excelente mostra da vida rural da rexión a comezos do século XX.
Demografía[editar | editar a fonte]
Kumrovec é o centro administrativo do concello co mesmo nome, que segundo o censo do ano 2011 contaba con 1593 habitantes repartidos en sete asentamentos:
- Donji Škrnik (169 hab.)
- Dugnjevec (67 hab.)
- Kladnik (155 hab.)
- Kumrovec (269 hab.)
- Podgora (45 hab.)
- Ravno Brezje (216 hab.)
- Razdrto Tuheljsko (97 hab.)
- Razvor (196 hab.)
- Risvica (276 hab.)
- Velinci (103 hab.)
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Kumrovec |
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Vídeo do Museo Etnolóxico
- Galería de fotos do Museo EtnolóxicoArquivado 06 de marzo de 2016 en Wayback Machine.
- Páxina web Oficial