Saltar ao contido

Kumārasambhava

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Kumārasambhava
Autor/aKālidāsa
LinguaClassical Sanskrit
Na rede
BNE: bimo0001908301
editar datos en Wikidata ]

Kumārasaṃbhava (sánscrito: कुमारसम्भवम्; "O nacemento de Kumāra") é un poema épico de Kālidāsa. Está considerado a súa obra mestra, así como un dos máis grandes poemas no estilo kāvya do sánscrito clásico.[1][2] As súas descricións da primavera estableceron o canon das metáforas sobre a natureza na tradición literaria hindú. O texto narra o nacemento de Kumāra (tamén coñecido como Kārtikeya), fillo de Shiva e Parvati. Descoñécese a data exacta da súa composición, pero pénsase que Kālidāsa podería ter vivido durante o século V.

Composición

[editar | editar a fonte]

A lenda conta que Kālidāsa non puido completar a súa épica a causa dunha maldición da deusa Parvati, quen o castigou polas súas obscenas descricións da súas relacións con Shiva no canto oitavo. A propia obra representa a Kālidāsa como un poeta cortesán de Chandragupta que é xulgado polas acusacións dun sacerdote e outros moralistas.

O Kumārasambhava conta de dezasete cantos, que versan sobre o rasa sringara (é dicir, que fala do amor, do romance e do erótico). Tārakāsura, un asura ou demo, recibe a beizón de non poder ser aniquilado por ninguén, agás o fillo de Shiva. Parvati realiza unha penitencia ritual ou tapas para obter o amor de Shiva. Como resultado da súa unión, nace o seu fillo Kumāra, destinado a restaurar a gloria de Indra, rei dos devas.

Adaptacións

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]