Ktulu

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Ktulu
Orixe L'Hospitalet de Llobregat, Cataluña Flag of Catalonia.svg
Período 1986 - presente
Xénero(s) thrash metal, metal industrial
Membros Wylly Espejo (voz)
Asier Badiola (guitarra)
Riky Mena (batería)
Piter (guitarra)
Franklin (baixo)
Pako Y (samplers)
Páxina web www.ktulu.es

Ktulu é un grupo musical catalán procedente de Barcelona. Formouse en 1986 e toca thrash metal e metal industrial.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezaron a tocar a finais de 1986 en L'Hospitalet de Llobregat (Barcelona) como grupo de thrash metal, con influencias como Pantera ou Fear Factory. En 1991 publicaron en vinilo o seu primeiro disco, Involución.

No seu seguinte traballo, Orden Genético (1994) cambiaron cara un metal un pouco máis vangardista, pero sen desprenderse das súas raíces. Nel encóntrase o tema "Apocalipsis 25 D", incluído na banda sonora da película El día de la Bestia de Álex de la Iglesia. Este tema supuxo un encontro da banda cun novo estilo máis industrial engadindo samplers e sons pregravados.

En 1997 publicaron Confrontación, entrando de cheo no terreo do metal industrial, e ó ano seguinte saíu ó mercado El Latido del Miedo, composto por 8 remesturas de temas do Confrontación, usando sons propios do techno.

En 1998 houbo unha división na banda. Pablo (baixo) e Mons (guitarra) formaron con outros tres músicos o grupo Freak XXI. En Ktulu seguiron Willy (voz), Jorge (guitarra) e Miguel (batería), incorporándose Pedro (guitarra), Lara (baixo) e Raúl (teclados e samplers).

Coa nova formación experimentaron cara novos horizontes. En 1999 publicaron o álbum Ktulu, gravado nos estudios Lorentzo Records de Berriz (Biscaia), e producido por Carlos Córdoba e Aitor Ariño (Platero y tú, Extremoduro...). Este disco combina o metal das súas raíces coas novas tecnoloxías, melodías máis marcadas e diferentes rexistros de voz.

En decembro de 2000 publicaron un maxisinxelo con remesturas súas e versións de grupos como Portishead, Jimi Hendrix ou Iron Butterfly chamado 2078". Xusto despois abandonou a banda Raúl para pasar a fomar parte do grupo de espectáculos La Fura dels Baus.

En 2002 colaboraron co tema "Satánico Plan" no disco tributo a Barón Rojo chamado Larga Vida Al... Volumen Brutal.

Discografía[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]