Kristina Mladenovic

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Kristina Mladenovic
Kristina Mladenovic (17789682324).jpg
Nacemento14 de maio de 1993
 Saint-Pol-sur-Mer
NacionalidadeFrancia
EtniaPobo serbio
Ocupacióntenista
PaiDragan Mladenović
NaiDzenita Mladenovic
IrmánsLuka Mladenovic
editar datos en Wikidata ]
Mladenovic no 2014 no BNP Paribas Open.

Kristina Mladenovic[1], nada en Saint-Pol-sur-Mer o 14 de maio de 1993, é unha tenista francesa.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

É filla de Dragan Mladenovic, un ex xogador de balonmán iugoslavo, que en 1992 fichou polo Dunkerke Handball da liga francesa para escapar da conflito dos balcáns. Tanto el como a súa muller Dzenita (Nada Helic), xogadora profesional de voleibol, recibiron a nacionalidade francesa e polo tanto tamén os seus fillos. O seu irmán menor, Luka, é futbolista e xoga no Calais RUFC.

Kristina converteuse en profesional en 2008. Ata o de agora o seu único título en individuais acadouno no torneo de San Petersburgo en 2017, e o seu mellor posto na clasificación da WTA é o 12º na semana do 19 de xuño do 2017. Kristina destaca nos dobres, onde gañou 16 títulos entre os que destaca o Roland Garros do 2016 con Caroline García e os dobres mixtos de Wimbledon e Australia xunto ó canadense Daniel Nestor.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. admin (2017-07-24). "Kristina Mladenovic". WTA Tennis (en inglés). Consultado o 2017-07-31.