Kristi Yamaguchi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Kristi Yamaguchi
Nome completoKristine Tsuya Yamaguchi
Nacemento12 de xullo de 1971
Lugar de nacementoHayward
NacionalidadeEstados Unidos de América
Alma máterUniversidade de Alberta e Mission San Jose High School
Ocupaciónescritora, patinadora artística sobre xeo, escritora de literatura infantil e actriz de televisión
CónxuxeBret Hedican
PremiosSalón da Fama de California
Na rede
http://kristiyamaguchi.com/
IMDB: nm0945332 Twitter: kristiyamaguchi Musicbrainz: 2373690a-40a6-4e55-a509-78c2ab5e9085 Olympic.org: kristi-yamaguchi Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Kristine Tsuya Yamaguchi, nada o 12 de xullo de 1971 en Hayward, California, Estados Unidos, é unha patinadora artística estadounidense, campioa olímpica de Albertville 1992 na proba individual feminina. É tamén campioa mundial en 1991 e 1992 e campioa dos Estados Unidos en 1992.[1]

Antes diso practicaba a patinaxe en parellas. Con Rudy Galindo logrou as medallas de ouro no campionato dos Estados Unidos xuvenil no ano 1986,[2] e nos campionatos dos Estados Unidos ("adultos") de 1989 e 1990. No campionato mundial xuvenil de 1988 logrou dúas medallas de ouro: como patinadora de parellas con Rudy Galindo e como patinadora individual.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. James R. Hines (22 de abril de 2011). Historical Dictionary of Figure Skating. Scarecrow Press. pp. 251–. ISBN 978-0-8108-7085-7. 
  2. 2,0 2,1 "Kristi Yamaguchi". sports-reference.com. Sports Reference. Arquivado dende o orixinal o 16 de outubro de 2015. Consultado o 28 de novembro de 2015. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]