Kraken Mare
Kraken Mare | |
---|---|
Unha imaxe de radar de apertura sintética (arriba) superposta sobre outra no feita no espectro visible da rexión polar norte de Titán que amosa en toda a súa extensión o Kraken Mare. | |
Tipo de accidente xeolóxico | Mare |
Accidente xeolóxico de | Titán |
Diámetro | 1.170 km |
Superficie | 400.000 km2[1] |
Coordenadas | 68° N 310° O |
Procedencia do nome | Kraken, un lendario monstro mariño. |
Kraken Mare é o lago máis grande na superficie da lúa de Saturno, Titán. Foi descuberto pola sonda Cassini no 2007 e recibiu o nome de Kraken, o lendario monstro mariño da mitoloxía nórdica.[2]
Con case toda seguridade Kraken Mare é o lago máis grande da rexión do polo norte de Titán, xa que conta con preto de 400.000 km2 (cinco veces máis có lago Superior de Norte América e un pouco máis có Mar Caspio, o lago máis grande da Terra) e a superficie total das áreas escuras que moi posiblemente sexan lagos non sería moi superior nestas estimacións (baseadas nas imaxes obtidas por radar) aos 510.000 km2 (un 40% máis de tamaño có Mar Caspio), polo cal este lago sería con moito o máis grande dos lagos da rexión do polo norte de Titán.[1]
O seu status coma mar de hidrocarburos foi confirmado polas imaxes e datos obtidos por radar. Só unha porción do mar escaneada por radar, pero coma se pode ver na imaxe da caixa de información, o seu tamaño e moito máis grande, coma así reflicte a imaxe de fondo feita no espectro visible.
Unha illa existente neste mar recibiu o nome de Mayda Insula.
Coma parte do proxecto da Titan Saturn System Mission, propúxose que esta sonda probase amarar no Kraken Mare para analiza-la súa composición, profundidade e outras moitas propiedades.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 JPL (ed.). "Cassini Finds Hydrocarbon Rains May Fill Titan Lakes" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 29/06/2010. Consultado o 22/04/2010.
- ↑ Gazetteer of Planetary Nomenclature (ed.). "Titan: Kraken Mare" (en inglés). Consultado o 03-09-2018.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Kraken Mare |
- Map of Titan's north pole, based on radar imagery, showing Kraken Mare's location (imaxe dos lagos do polo norte de Titán con nomenclatura incluída.) (en inglés)
- Cassini-Huygens: Multimedia-Images (en inglés)