Kosmos 285

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Kosmos 285
Tipo Militar
Destino actual Reentrado na atmosfera.[1]
Data de lanzamento 3 de xuño de 1969, 12:57 GMT[1][2][3][4]
Foguete portador Kosmos 2I[2][5]
Sitio de lanzamento Cosmódromo de Plesetsk[2]
Obxectivo da misión Servir como obxectivos para probas de sistemas antisatélite (ASAT) e antimísiles e de control do espazo.[2]
Decaemento 7 de outubro de 1969[1]
NSSDC ID 1969-049A
Masa 325 kg[6]

Kosmos 285 (Космос 285 en ruso), tamén denominado DS-P1-Yu Nº 22, foi un satélite artificial soviético lanzado o 3 de xuño de 1969 mediante un foguete Kosmos 2I desde o cosmódromo de Plesetsk.[2][5][7][8]

Características[editar | editar a fonte]

Kosmos 285 foi o vixésimo segundo membro da serie de satélites DS-P1-Yu e o vixési moprimeiro lanzado con éxito tralo fracaso do lanzamento do segundo membro da serie. Estaba adicado a servir como obxectivo para as probas antisatélites e antimísiles soviéticas.[6][3]

Kosmos 285 foi inxectado nunha órbita inicial de 518 km de apoxeo e 279 km de perixeo, cunha inclinación orbital de 71 graos e un período de 92,1 minutos. Reentrou na atmosfera o 7 de outubro de 1969.[6][3][1]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]