Saltar ao contido

Kosmos 215

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Kosmos 215
TipoObservación terrestre e astronómica
Destino actualReentrado na atmosfera.[1]
Data de lanzamento18 de abril de 1968, 22:29 GMT[1][2][3][4][5][6]
Foguete portadorKosmos 2I[2][7]
Sitio de lanzamentoKapustin Yar[2]
Obxectivo da misiónEstudo da ionosfera terrestre e da radiación das estrelas xoves.[2][8]
Decaemento30 de xuño de 1968[1]
NSSDC ID1968-033A
Masa400 kg[9]

Kosmos 215 (Космос 215 en ruso), tamén denominado DS-U1-A Nº 1 e Zybalik (que significa pimpín en ruso)[10], foi un satélite artificial soviético lanzado o 18 de abril de 1968 mediante un foguete Kosmos 2I desde Kapustin Yar que é considerado como o primeiro observatorio espacial[2][7][11][12][13].

Características

[editar | editar a fonte]

Kosmos 215 foi o primeiro e único membro do modelo de satélites DS-U1-A. Estaba adicado a facer observacións da ionosfera terrestre e da radiación de estrelas xoves. O satélite non estaba estabilizado, pero a súa velocidade de rotación foi limitada a 0,12 graos/s mediante un mecanismo de freado. A identificación das estrelas fíxose grazas a un magnetómetro e a que dous dos telescopios proporcionaban información sobre as magnitudes visuais B e V[3][9].

Kosmos 215 foi inxectado nunha órbita inicial de 426 km de apoxeo e 261 km de perixeo, cunha inclinación orbital de 48,5 graos e un período de 91,0 minutos. Reentrou na atmosfera o 30 de xuño de 1968[1][3][9].

Instrumentos

[editar | editar a fonte]

Kosmos 215 levaba a bordo oito telescopios duns 7 cm de diámetro e un campo de visión dun grao para facer observacións no rango visible na banda entre 1250 e 2700 ángstrom, no ultravioleta e na banda de raios X entre 0,5 e 5 ángstrom. Tamén portaba dous fotómetros co que facer observacións da radiación solar dispersada nas capas superiores da atmosfera terrestre. En cada órbita, Kosmos 215 observaba entre 10 e 25 estrelas[8][10].

A carga científica do satélite foi desenvolvida por N. Dimov e V. Prokoviev no observatorio de Crimea, por Vladimir Kurt no instituto Sternberg e por V. Tiyt en Estonia[10].

Resultados

[editar | editar a fonte]

Kosmos 215 mideu a luminiscencia da envoltura de hidróxeno da Terra, confirmando que se estende ata os 20 000 km de altura e descubriu (simultaneamente con satélites norteamericanos) un resplandor a latitudes tropicais, producido case con seguridade pola recombinación de electróns con hidróxeno atómico[10].

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "COSMOS 215" (en inglés). Consultado o 20 de agosto de 2012. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 NASA (14 de maio de 2012). "Cosmos 215" (en inglés). Consultado o 20 de agosto de 2012. 
  3. 3,0 3,1 3,2 [hhttp://www.unoosa.org/oosa/osoindex/data/documents/ru/a/aac.105inf.189.html "Letter dated 8 May 1968 from the Permanent Representative of the Union of Soviet Socialist Republics addressed to the Chairman of the Committee on the Peaceful Uses of Outer Space"] (64-12694). 3 de xuño de 1968: 2. A/AC.105/INF.189. Consultado o 15 de xullo de 2019. 
  4. "SPACECRAFT SCOREBOARD 1968 Part 1 continued" (PDF). 25 de xullo de 1968: 148. FLIGHT International. Consultado o 17 de agosto de 2012. 
  5. "SIX MORE COSMOS LAUNCHINGS" (PDF). 9 de maio de 1968: 721. FLIGHT International. Consultado o 20 de agosto de 2012. 
  6. Claude Lafleur (2010). "Kosmos 215" (en inglés). Consultado o 20 de agosto de 2012. 
  7. 7,0 7,1 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "DS-U1-A" (en inglés). Consultado o 20 de agosto de 2012. 
  8. 8,0 8,1 "Russ Ship Bore Telescopes in Space" (PDF). 10 de xuño de 1968: 7. The Spokesman-Review. Consultado o 20 de agosto de 2012. 
  9. 9,0 9,1 9,2 Mark Wade (2011). "DS-U1-A" (en inglés). Consultado o 20 de agosto de 2012. 
  10. 10,0 10,1 10,2 10,3 Brian Harvey, Olga Zakutnyaya (2011). "2 Deepening our understanding". En Springer. Russian Space Probes: Scientific Discoveries and Future Missions. p. 84. 978-1-4419-8149-3. 
  11. "La U. R. S. S. ha puesto en órbita el «Cosmos 215»" (PDF). 20 de abril de 1968: 23. LA VANGUARDIA ESPAÑOLA. Consultado o 20 de agosto de 2012. 
  12. "Russia Launches Satellite" (PDF). 20 de abril de 1968: 4. The Virgin Islands Daily News. Consultado o 20 de agosto de 2012. 
  13. "NOTICIAS DE TODO EL MUNDO" (PDF). 20 de abril de 1968: 71. ABC. Consultado o 20 de agosto de 2012. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]