Kosmos 204

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Kosmos 204
Tipo Militar
Destino actual Reentrado na atmosfera.
Data de lanzamento 5 de marzo de 1968, 11:20 GMT[1][2][3]
Foguete portador Kosmos 2I[2][4]
Sitio de lanzamento Cosmódromo de Plesetsk[2]
Obxectivo da misión Servir de obxectivo para os radares militares terrestres.[2]
Decaemento 2 de marzo de 1969[1]
NSSDC ID 1968-015A
Masa 400 kg[5]

Kosmos 204 (Космос 204 en ruso), tamén denominado DS-P1-I Nº 3, foi un satélite artificial soviético lanzado o 5 de marzo de 1968 mediante un foguete Kosmos 2I desde o cosmódromo de Plesetsk.[2][4]

Características[editar | editar a fonte]

Kosmos 204 foi o terceiro membro da serie de satélites DS-P1-I, adicados a servir como obxectivos dos radares militares terrestres para a súa calibración. Foi lanzado por un foguete Kosmos 2I e inxectado nunha órbita inicial de 436 km de apoxeo e 275 km de perixeo, cunha inclinación orbital de 71,0 graos e un período de 91,3 minutos.[5][3]

Kosmos 204 reentrou na atmosfera o 2 de marzo de 1969.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]