Kosmos 133

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Kosmos 133
Representación da Soiuz 5, unha Soiuz 7K-OK pasiva como a Kosmos 133.
TipoDemostrador tecnolóxico
Data de lanzamento28 de novembro de 1966[1][2][3]
Foguete portadorSoiuz 11A511[2][4]
Sitio de lanzamentoCosmódromo de Baikonur[2]
Obxectivo da misiónProbas en órbita.[2][5]
Regreso30 de novembro de 1966[1]
NSSDC ID1966-107A

Kosmos 133 ou Cosmos 133 foi unha misión espacial soviética lanzada sen tripulación o 28 de novembro de 1966 mediante un foguete Soiuz 11A511 desde o cosmódromo de Baikonur.[2][3][4][5]

Características[editar | editar a fonte]

Kosmos 133 fo a primeira Soiuz modelo 7K-OK lanzada á órbita. Foi enviada sen tripulación para facer diferentes probas xunto con outra Soiuz, incluíndo o acoplamento entre elas, sendo a Kosmos 133 a parte pasiva da misión, pero despois do lanzamento varias anomalías fixeron que o control de terra decidira non lanzar a segunda Soiuz. Despois de chegar a órbita, Kosmos 133 mantivo unha rotación de dúas voltas por minuto en lugar de manter unha posición estable. Ademais, a telemetría indicaba que algúns dos tanques de propelente estaban baleiros, imposibilitando unha cita espacial, de aí a cancelación do lanzamento da segunda Soiuz para as probas. O control de terra intentou facer reentrar de maneira controlada a Soiuz, pero varios problemas cos sistemas de orientación e propulsión fixeron que a reentrada se producira de maneira incontrolada e fora do territorio da Unión Soviética, activándose o sistema de autodestrucción. Nunca se atoparon os restos da nave.[2][3][4][5]

A pesar dos problemas non se considerou a misión un fracaso total ao ser a primeira nave do seu tipo en ser posta en órbita e recollerse datos valiosos para corrixir os problemas no futuro. Segundo a investigación, a causa dos diversos problemas tivo a súa orixe na instalación coa polaridade invertida de diferentes sistemas eléctricos.[2][3][4][5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 N2YO (2021). Real Time Satellite Tracking, ed. "COSMOS 133" (en inglés). Consultado o 17 de febreiro de 2024. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 NASA (28 de outubro de 2022). "Cosmos 133" (en inglés). Consultado o 17 de febreiro de 2024. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 "Letter dated 5 January 1967 from the Permanent Representative of the Union of Soviet Socialist Republics addressed to the Chairman of the Committee on the Peaceful Uses of Outer Space" (PDF) (67-00391 (E)). 9 de xaneiro de 1967: 2. Consultado o 17 de febreiro de 2024. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 Gunter Dirk Krebs (2024). Gunter's Space Page, ed. "Soyuz 2, 5 (7K-OK, passive)" (en inglés). Consultado o 17 de febreiro de 2024. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 Anatoly Zak (28 de xaneiro de 2024). "Kosmos-133: Soyuz lifts off!" (en inglés). Consultado o 17 de febreiro de 2024. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]