Soiuz 5
Soiuz 5 | |
---|---|
Tipo | Tripulada |
Data de lanzamento | 15 de xaneiro de 1969, 7:04 GMT[1][2][3][4] |
Foguete portador | Soiuz 11A511[2][5] |
Sitio de lanzamento | Cosmódromo de Baikonur[2][6] |
Duración da misión | 3,04 días[6] |
Obxectivo da misión | Acoplamento coa Soiuz 4.[2][6] |
Regreso | 18 de xaneiro de 1969, 7:58 GMT[1][6] |
NSSDC ID | 1969-005A |
Masa | 6000,0 kg[2][5][6] |
Soiuz 5 foi unha misión espacial tripulada soviética lanzada o 15 de xaneiro de 1969 mediante un foguete Soiuz 11A511 desde o cosmódromo de Baikonur.[2][3][5]
Características
[editar | editar a fonte]Soyuz 5, unha Soiuz modelo 7K-OK cos cosmonautas Boris Volinov, Aleksei Ieliseiev e Ievgeni Khrunov a bordo, foi unha nave lanzada para acoplarse coa Soiuz 4 no que sería o primeiro acoplamento soviético no espazo simulando un acoplamento en órbita lunar. A Soiuz 4 foi lanzada o día anterior á Soiuz 5, con Vladimir A. Shatalov a bordo. Tras sincronizar as órbitas as naves comezaron o achegamento automático o 16 de xaneiro ás 13:37 GMT ata que estiveron a 100 m de distancia, momento no que Shatalov tomou o control manual da nave e se acoplou suavemente no primeiro intento coa Soiuz 5. Khrunov e Ieliseiev, en traxe espacial, saíron da súa cápsula e entraron na Soiuz 4, mentres que Volinov quedou como único ocupante da 5. Tras 4 horas e 35 minutos acopladas a Soiuz 4 separouse da 5 e comezou o regreso á Terra cos tres cosmonautas a bordo mentres Volinov seguía en órbita. A Soiuz 5 comezou un regreso ao día seguinte que case lle costa a vida a Volinov: o módulo de servizo da nave non se separou antes da reentrada, como estaba previsto, e permaneceu unido á cápsula de reentrada, bloqueando o escudo térmico e, peor aínda, facendo que o conxunto, ao entrar nas capas máis altas da atmosfera, adoptara a posición máis aerodinámica para esa configuración, coa parte máis feble da cápsula de reentrada por diante e recibindo a maior parte da calor. Volinov, consciente do problema, non podía facer nada para solucionalo e pronto comezou a chegarlle o cheiro dos selos de goma que hermetizaban a portela da cápsula ao quentarse de máis pola reentrada. No último momento, antes de que a estrutura da cápsula cedera, o módulo de servizo liberouse, a cápsula reaxustouse na súa posición de reentrada a velocidades hipersónicas e o descenso, nunha traxectoria balística que alcanzou 9 G de deceleración e que danou os retrofoguetes de freado, o que lle custou a Volinov os dentes, aínda que sobreviviu á reentrada. O punto de aterraxe, no que a cápsula quedou ás 7:58 GMT do 18 de xaneiro, estaba a 2 km ao suroeste de Kustani. Volinov volvería a voar na Soiuz 21.[2][3][4][5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 N2YO (2017). Real Time Satellite Tracking, ed. "SOYUZ 5" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2017. Consultado o 12 de setembro de 2017.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 NASA (21 de marzo de 2017). "Soyuz 5" (en inglés). Consultado o 12 de setembro de 2017.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 "Letter dated 7 April 1969 from the Permanent Representative of the Union of Soviet Socialist Republics addressed to the Chairman of the Committee on the Peaceful Uses of Outer Space" (PDF) (69-08572). 24 de abril de 1969: 3. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 12 de setembro de 2017. Consultado o 12 de setembro de 2017.
- ↑ 4,0 4,1 Claude Lafleur (2017). "Soiuz 5" (en inglés). Consultado o 12 de setembro de 2017.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 Gunter Dirk Krebs (2017). Gunter's Space Page, ed. "Soiuz 2, 5 (7K-OK, passive)" (en inglés). Consultado o 12 de setembro de 2017.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 Mark Wade (2017). "Soiuz 5" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2017. Consultado o 12 de setembro de 2017.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Soiuz 5 |