Saltar ao contido

Koronas Foton

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Koronas Foton / Coronas Foton
TipoObservatorio espacial
Contratistas principaisNPP VNIIEM
Data de lanzamento30 de xaneiro de 2009[1][2][3]
Foguete portadorTsiklon-3[2][4]
Sitio de lanzamentoCosmódromo de Plesetsk[2][3][4][5]
Obxectivo da misiónObservatorio solar.[2][3][4][5]
NSSDC ID2009-003A
Masa1900 kg[2]
Datos orbitais
Semieixo maior6882 km[1]
Inclinación82,4°[1]
Apoapse524,8 km[1]
Periapse498,9 km[1]

Koronas Foton ou Coronas Foton foi un observatorio espacial ruso lanzado o 30 de xaneiro de 2009 mediante un foguete Tsiklon-3 desde o Cosmódromo de Plesetsk.[1][2][4][5]

Características

[editar | editar a fonte]

Koronas Foton era un observatorio espacial adicado á observación do Sol e ao estudo da interacción entre o Sol e a Terra. Tiña unha masa de 1900 kg e foi o terceiro observatorio da serie Koronas tras Koronas I e Koronas F. Cunha esperanza de vida de tres anos cando foi lanzado, o seu obxectivo principal era estudar os procesos de acumulación de enerxía e a súa conversión en partículas aceleradas durante as fulguracións solares, o estudo dos mecanismos de aceleración, propagación e interacción de partículas na atmosfera solar e o estudo da relación entre a actividade solar e os procesos físico-químicos na atmosfera superior da Terra.[1][2][4][5]

Koronas Foton deixou de funcionar a mediados de xaneiro de 2010 debido a problemas no seu sistema de enerxía.[1][2][4][5][6]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 N2YO (2023). Real Time Satellite Tracking, ed. "KORONAS-FOTON" (en inglés). Consultado o 2 de xuño de 2023. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 NASA (28 de outubro de 2022). "KORONAS-Foton" (en inglés). Consultado o 2 de xuño de 2023. 
  3. 3,0 3,1 3,2 "Note verbale dated 19 March 2009 from the Permanent Mission of the Russian Federation to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (09-85852 (E)). 18 de agosto de 2009: 2. Consultado o 2 de xuño de 2023. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 Gunter Dirk Krebs (2023). Gunter's Space Page, ed. "Koronas Foton (Coronas Photon)" (en inglés). Consultado o 2 de xuño de 2023. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 Mark Wade (2023). "Koronas Foton" (en inglés). Consultado o 2 de xuño de 2023. 
  6. Anatoly Zak (10 de abril de 2010). "Koronas-Foton" (en inglés). Consultado o 2 de xuño de 2023. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]