Korarqueotas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Korarqueotas
Micrografía electrónica de varrido dun cultivo feito a partir dunha mostra obtida da Poza de Obsidiana de Yellowstone.
Micrografía electrónica de varrido dun cultivo feito a partir dunha mostra obtida da Poza de Obsidiana de Yellowstone.
Clasificación científica
Dominio: Archaea
Reino: Korarchaeota
Filo: 'Korarchaeota' Barns et al. 1996
species
Sinonimia
  • Korarchaeota Barns et al. 1996
  • Xenarchaea
  • Xenarchaeota

Os korarqueotas (Korarchaeota) son un filo de arqueas.[1] O nome procede do xénero principal do grupo Korarchaeum. Tamén se lles ten chamado Xenarchaea e Xenarchaeota.

Foron descubertas a partir de mostras de secuencias xenómicas de ARNr de 16S recollidas en ambientes naturais e non se puideron cultivar. As Korarchaeota só se atoparon en ambientes hidrotermais de altas temperaturas. Parece que se diversificaron a diferentes niveis filoxenéticos de acordo coa temperatura, salinidade das augas, e xeografía.[2] Son pouco abundantes na natureza.[2][3][4] Os procesos metabólicos de Korarchaeota, incluíndo como conseguen enerxía e obteñen o carbono, son descoñecidos. A análise das súas secuencias de ARNr de 16 S suxire que estas especies non forman parte dos dous principais grupos de arqueas, Crenarchaeota e Euryarchaeota [5]. Parece que son un grupo basal de arqueas, xa que teñen cracterísitcas tanto de Crenarchaeota coma de Euryarchaeota. O xenoma de Korarchaeum cryptofilum, que foi enriquecido a partir de cultivos mixtos, foi secuenciado e as súas características apoian a hipótese de que se ramificaron moi cedo do resto.[6].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. See the NCBI webpage on Korarchaeota. Data extracted from the "NCBI taxonomy resources". National Center for Biotechnology Information. Consultado o 2007-03-19. 
  2. 2,0 2,1 Auchtung TA, Shyndriayeva G, Cavanaugh CM. (2011). "16S rRNA phylogenetic analysis and quantification of Korarchaeota indigenous to the hot springs of Kamchatka, Russia". Extremophiles 15 (1): 105–116. doi:10.1007/s00792-010-0340-5. PMID 21153671. 
  3. Reigstad LJ, Jorgensen SL, Schleper C (2010). "Diversity and abundance of Korarchaeota in terrestrial hot springs of Iceland and Kamchatka". ISME J 4 (3): 346–56. doi:10.1038/ismej.2009.126. PMID 19956276. 
  4. Auchtung Thomas A. (2007) Ecology of the hydrothermal candidate archaeal division, Korarchaeota. PhD thesis, Harvard University.
  5. Barns SM, Delwiche CF, Palmer JD, Pace NR. (1996). "Perspectives on archaeal diversity, thermophily and monophyly from environmental rRNA sequences". Proc. Natl. Acad. Sci. USA 93 (17): 9188–93. Bibcode:1996PNAS...93.9188B. doi:10.1073/pnas.93.17.9188. PMC 38617. PMID 8799176. 
  6. Elkins JG, Podar M, Graham DE, Makarova KS, Wolf Y, Randau L, Hedlund BP, Brochier-Armanet C, Kunin V, Anderson I, Lapidus A, Goltsman E, Barry K, Koonin EV, Hugenholtz P, Kyrpides N, Wanner G, Richardson P, Keller M, Stetter KO. (2008). "A korarchaeal genome reveals insights into the evolution of the Archaea". Proc. Natl. Acad. Sci. USA 105 (1): 8805–6. Bibcode:2008PNAS..105.8102E. doi:10.1073/pnas.0801980105. PMC 2430366. PMID 18535141. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Outras lecturas[editar | editar a fonte]