Kontrust
Kontrust | |
---|---|
![]() | |
Orixe | Viena, ![]() |
Período | 2001 – presente |
Xénero(s) | Crossover, Folk metal, New Wave, nu metal, hard rock, rock alternativo |
Membros | Agata Jarosz Stefan Lichtenberger Robert Ehgartner Mike Wolff Gregor Kutschera Roman Gaisböck Manuel Haglmüller |
Na rede | |
http://www.kontrust.info | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Kontrust é un grupo musical austríaco de crossover orixinario de Viena, contando coa participación da vocalista polaca Agata Jarosz. O grupo formouse no ano 2001, e déronse a coñecer por incorporar o uso de Lederhose nas súas actuacións e vídeos músicais. Os seus temas están escritos en inglés, incorporando en ocasións partes en alemá e linguas eslavas. O seu son mestura diversos xéneros musicais que van dende o nu metal, o folk metal, rap, rock e música electrónica.No ano 2006 gañaron o premio Austrian Newcomer Awards, otuorgado a músicos revelación en Austria.[1]
O seu sinxelo "Bomba" do álbum Time To Tango (2009) estivo durante catro semanas consecutivas na lista de éxitos dos Países Baixos no ano 2010, acadando o posto número 47.[2] Ese mesmo ano foron nomeados na categoría Hard&Heavy dos Amadeus Austrian Music Awards, obtendo o primeiro premio nos mesmos.[3]
No ano 2011 participaron no festival Przystanek Woodstock en Polonia diante dunhas 300 000 persoas, acadando o récord de maior audiencia nun concerto musical dun artista austríaco.[4]
Discografía[editar | editar a fonte]
- Teamspirit 55, EP (2001)
- Make Me Blind, EP (2003)
- We!come Home (2005)
- Time To Tango (2009)
- Czas To Tango (Reedición en polaco) (2011)
- Second Hand Wonderland (2012)
- Explositive (2014)
Membros[editar | editar a fonte]
- Agata Jarosz- voz
- Stefan Lichtenberger- voz
- Robert Ehgartner- guitarra
- Mike Wolff- guitarra
- Gregor Kutschera- baixo
- Roman Gaisböck- batería
- Manuel Haglmüller- percusión
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ http://www.szene1.at/magazine/music/austrian_newcomer_award_2006
- ↑ http://dutchcharts.nl/showitem.asp?interpret=Kontrust&titel=Bomba&cat=s
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 26 de febreiro de 2012. Consultado o 01 de febreiro de 2016.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 03 de novembro de 2011. Consultado o 01 de febreiro de 2016.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Kontrust ![]() |