Koldo Eleizalde

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Koldo Eleizalde
Nacemento9 de xuño de 1878
 Bergara
Falecemento24 de xullo de 1923
 Bilbao
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade Complutense de Madrid
Ocupaciónescritor
editar datos en Wikidata ]

Luis Eleizalde Brenosa, máis coñecido como Koldo Eleizalde, nado en Bergara o  9 de xuño de 1878 e finado en Bilbao o 24 de xullo de 1923, foi un escritor en lingua vasca e castelá, político, educador e académico vasco.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou cos dominicos en Bergara e cos xesuítas en Zaragoza, comezando ciencias na Universidade de Zaragoza e licenciouse en 1899 en Madrid. Volveu a Euskadi e alí organizou escolas de barrio, logo logrou unha cátedra de matemáticas no Instituto de Vitoria-Gasteiz e despois foi inspector de educación primaria.

En 1907 comezou a colaborar na Revista Internacional de Estudios Vascos, non obstante en 1908 por mor de desacordos ideolóxicos co seu fundador Julio Urquijo abandonou esa colaboración [1]. Procedente ideoloxicamente do carlismo, ao igual ca Urquijo, evolucionara durante a súa etapa como estudante influenciado por Sabino Arana cara ao nacionalismo vasco.

E dentro do nacionalismo vasco de principios de século Eleizalde tivo un papel destacado como ideólogo [2]. Colaborou en Patria e dirixiu a revista nacionalista Euskadi en Bilbao a partir de 1912. Dentro do PNV, Eleizalde defendeu posturas moderadas, tendendo cara a un nacionalismo posibilista, non separatista[3]. En 1919 foi candidato do PNV nas eleccións xerais por Álava. En 1921 cando o PNV se escindiu en dúas fraccións, Eleizalde, integrou a maioritaria e moderada Comuñón Nacionalista Vasca [4].

Escribiu libros e artigos sobre a lingua vasca,  La lucha por el propio idioma (1919), Morfología de conjugación vasca sintética (1913), Listas de alfabéticas Voces toponomásticas vascas (Revista Internacional de Estudos vascos, a partir de 1922). Tamén publicou unha novela, Landibar (1918), Razas, lengua y nación vasca (1914), El problema de la enseñanza en el País Vasco (1919, Congreso de estudos vascos), e algunhas traducións en éuscaro como Gurutza Deunaren bidea (Kempis), Halidon Murua (Halidon Hill), tamén escribiu poemas orixinais en éuscaro.

So a dirección de  Eleizalde, a Sociedade de Estudos Vascos realizou dende o primeiro momento investigacións sobre a toponimia e antroponimia .

Euskaltzaindia[editar | editar a fonte]

Elizalde participou na constitución da Euskaltzaindia, a Academia da Lingua Vasca, durante a primavera e o verán de 1919, as deputacións provinciais comunicáronlle á Sociedade de Estudos Vascos a  aprobación do proxecto de regulamento dunha academia vasca. A reunión para a constitución da Euskaltzaindia foi o 21 de setembro de 1919 no Palacio da Deputación Provincial de Guipúscoa, sede de Eusko Ikaskuntza, asistiron Resurrección María de Azkue, Arturo Campión, Eleizalde e Julio Urquijo, como académicos de pleno dereito nomeados polo Congreso de Estudos Vascos, así como oito compromisarios incluíndo a Jean-Blaise Adema, como representantes das revistas e sociedades que apoiaron o nacemento da Academia: Txomin Agirre, Pierre Broussain, Ramón Intzagarai, José Agerre, Juan Bautista Eguzkitza, Raimundo Olabide e Pierre Lhande .[5]

Obra[editar | editar a fonte]

Libros relixiosos
  • Otoyak euzkeraz : (bizkai-eraz) euzkeraldu dauz Eleizalde'tar Koldobika'k[7], 1908, Elexpuru, Bilbao
Traducións

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Estornés Lasa, Bernardo. "Eleizalde Brenosa, Luis de". Enciclopedia Auñamendi
  2. Santiago de Pablo, José Luis de la Granja, Coro Rubio Pobes (2011) Breve historia de Euskadi: De los fueros a la autonomía Random House
  3. Eleizalde y Breñosa, Koldo de, Bergarako Udala
  4. Iñaki Egaña (1996) Diccionario histórico-político de Euskal Herria, Txalaparta, p. 63
  5. Euskaltzaindia, 1919: historia de un nacimiento
  6. (en éuscaro) Libro electrónico[Ligazón morta] Gurutza Deunaren Bidea / Porto-Mauricio'tar Lonarta deunak idatzi ebanaren lez ; euzkeraldu dau, bizkayeraz, Elizalde'tar Koldobika'k.
  7. (en éuscaro) Libro electrónico Otoyak euzkeraz : (bizkai-eraz) euzkeraldu dauz Eleizalde'tar Koldobika'k