Saltar ao contido

Quilómetro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Km»)

Un quilómetro (escrito con q na súa forma plena, pero abreviado km por convención internacional) é unha unidade de medida derivada do metro, e equivale a mil (1.000) metros.

O seu símbolo é km no Sistema Internacional. Nótese que se escribe con minúscula e sen punto, a non ser que coincida no fin dunha frase.

O vocábulo está constituído polo prefixo quilo (k), que en grego antigo significaba "mil", e metro, que significaba "medir".

É unha unidade de medida derivada das dimensións da terra e recoñecida polo sistema internacional de unidades que define o patrón de metro. Algúns países, como os Estados Unidos de América, aínda non o adoptaron, preferindo usar outras unidades, como a milla terrestre, que corresponde a 1,60934 km.

Como unidade derivada, úsase o km/h para medir a velocidade.