Kluger Hans

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Clever Hans durante un espectáculo.

Hans der Kluge ou Kluger Hans (a forma alemá de dicir Hans o Intelixente), foi un cabalo famoso en Alemaña a principios do século XX, do que se alegaba que era capaz de realizar operacións aritméticas (por exemplo sumar, multiplicar, dividir, traballar con fraccións etc.) e outras tarefas intelectuais (por exemplo dicir a hora, calcular o calendario, distinguir tons musicais etc.).

Historia[editar | editar a fonte]

O cabalo fixo grandes presentacións públicas onde lle facían consultas matemáticas e o animal "respondía" correctamente pateando no chan. A sona de Hans der Kluge o cabalo matemático traspasou fronteiras facéndose coñecido co nome en inglés de "Clever Hans". Tivo tamén repercusión na psicoloxía, onde hoxe se fala do efecto Clever Hans.

Ante as dúbidas dos científicos sobre a suposta intelixencia animal creouse unha comisión especial encabezada polo psicólogo Oskar Pfungst en 1907. A investigación formal demostrou que o cabalo en realidade non realizaba estas tarefas mentais, senón que reparaba na reacción dos seus observadores humanos. Pfungst descubriu na súa metodoloxía de investigación, que o cabalo respondía directamente a sinais involuntarios na linguaxe corporal do adestrador humano, que tiña as facultades para solucionar cada problema. O adestrador era completamente inconsciente que el proporcionaba tales sinais. En honra a Pfungst a anomalía descuberta foi bautizada como o efecto Clever Hans[1].

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]