Klaus Nomi
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | (de) Klaus Sperber 24 de xaneiro de 1944 Immenstadt im Allgäu |
| Morte | 6 de agosto de 1983 Nova York |
| Causa da morte | morte por SIDA |
| Lugar de sepultura | Nova York |
| Actividade | |
| Ocupación | músico experimental, cantante, artista, músico de pop, cantautor, cantante de ópera, músico |
| Período de actividade | 1965 |
| Xénero artístico | Música rock, pop dance, new wave, synth pop, ópera, música electrónica e vangardismo |
| Tesitura | Alto e contratenor |
| Instrumento | Voz |
| Selo discográfico | RCA Records |
| Sitio web | klausnomi.net |
Klaus Sperber, coñecido como Klaus Nomi, nado en Immenstadt, Alemaña, en 1944, foi un cantante alemán de ópera e música pop.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]A principio da década de 1970 trasladouse a Nova York, onde comezou a relacionarse con artistas do East Village neoiorquino. David Bowie descubriuno en 1978 e axudouno a asinar un contrato con RCA Records en 1980.
Morreu á idade de 39 anos, vítima do sida.
Nomi combinaba ópera e música new wave. As súas montaxes escénicas eran moi elaboradas e nelas prestábase especial atención ó vestiario, ó penteado e á maquillaxe, que remitían á estética das primeira películas de ciencia ficción.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Klaus Nomi: The Brilliant Performance of a Dying Man, en www.openculture.com
- Entrevista a Klaus Nomi en NYC 10 O'Clock News, contra 1981 (en inglés)
- Entrevista a Klaus Nomina televisión francesa, contra 1982 (en francés)