Kita-ku, Ōsaka
Aparencia
Kita-ku (北区, きたく) é un dos 24 barrios da cidade xaponesa de Osaca. O casco central deste barrio é Umeda, onde hai grandes almacéns e moitas tendas comerciais. Tamén moitas empresas xaponesas teñen oficinas neste barrio. Na illa de Nakanoshima está o concello de Osaca e a oficina do Banco do Xapón. Ten 10,33 km² de superficie, unha poboación de 97.263 habitantes (2011) e unha densidade de poboación de 9.415 hab./km².[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Ward overview, Kita Ward Official Web Site" (en inglés). Osaka city. Arquivado dende o orixinal o 16-12-2012. Consultado o 30-10-2011.
Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |