Kirk Cameron
(2012) | |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | (en) Kirk Thomas Cameron 12 de outubro de 1970 Os Ánxeles |
| Educación | Chatsworth High School (en) Young Actors Space |
| Altura | 1,78 m |
| Actividade | |
| Ocupación | actor, bailarín, humorista, compositor, actor de dobraxe, cantante, produtor de televisión, guionista, produtor de cinema, actor de televisión |
| Período de actividade | 1979 |
| Partido político | Partido Republicano |
| Instrumento | Voz |
| Familia | |
| Cónxuxe | Chelsea Noble (1991–) |
| Irmáns | Candace Cameron |
| Sitio web | kirkcameron.com |
Kirk Thomas Cameron, nado o 12 de outubro de 1970 no barrio de Panorama City, nos Ánxeles (california), é un actor e predicador evanxelista estadounidense, irmán da tamén actriz Candance Cameron Bure.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Cameron é coñecido polo seu papel de Mike Seaver na comedia de situación Growing Pains (1985–1992), apareceu tamén como actor infantil en varias filmes e series, continuando durante a súa mocidade, protagonizando filmes como Like Father Like Son (1987) e Listen to Me (1989). Máis recentemente, desde o 2000 interpretou a Cameron "Buck" Williams na serie de filmes Left Behind e Caleb Holt en Fireproof (2008). Cameron é tamén un activo cristián evanxelista, que xunto con Ray Comfort dirixe o ministerio evanxélico The Way of the Master responsable do programa do mesmo nome que copresenta Cameron. Coa súa dona, a actriz Chelsea Noble fundou The Firefly Foundation.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Kirk Cameron |