Saltar ao contido

Kimi no Na wa.

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Kimi no Na wa.
Logo do filme.
Ficha técnica
Título orixinal君の名は。
DirectorMakoto Shinkai
Produtor
  • Noritaka Kawaguchi
  • Genki Kawamura
GuiónMakoto Shinkai
Intérpretes
MúsicaRadwimps
FotografíaMakoto Shinkai
MontaxeMakoto Shinkai
EstudioCoMix Wave Films
DistribuidoraToho (Xapón)
EstreaAnime Expo: 3 de xullo de 2016
26 de agosto de 2016
Duración107 minutos[1]
Orixe Xapón
XéneroAnimación, romance
Recadación$358 000 000[2]
Na rede
http://www.kiminona.com/
IMDB: tt5311514 Filmaffinity: 307521 Allocine: 249877 Rottentomatoes: m/your_name_2017 Mojo: yourname Allmovie: v665644 Metacritic: movie/your-name
Twitter: shinkai_works Netlix: 80161371 Editar o valor en Wikidata

Kimi no Na wa. (en xaponés: 君の名は。?) é un filme de animación xaponés de 2016 dirixido e escrito por Makoto Shinkai. Foi producido por Noritaka Kawaguchi e Genki Kawamura, con música composta por Radwimps. Kimi no Na wa. conta a historia dunha moza adolescente do Xapón rural e un rapaz de Toquio que intercambian os seus corpos. Está protagonizado polas voces de Ryunosuke Kamiki, Mone Kamishiraishi, Masami Nagasawa e Etsuko Ichihara. Unha novela homónima escrita por Shinkai foi publicada un mes antes da estrea do filme.

Kimi no Na wa. foi distribuído por Toho. Estreouse na convención Anime Expo 2016 dos Ánxeles o 3 de xullo de 2016, e no Xapón o 26 de agosto de 2016. Recibiu a aclamación da crítica, que alabou a animación e o impacto emocional do filme, e foi un grande éxito comercial, converténdose no cuarto filme con maior recadación na historia do Xapón, o sétimo filme de animación tradicional, e o quinto filme de fala non inglesa con maior internacionalmente, cun total de $355 millóns. Gañou o premio do Festival de Cine de Sitges, o LAFCA e no Festival de Mainichi o premio de mellor filme animado, así como un nomeamento nos Premios da Academia Xaponesa á mellor animación do ano.

Taki e Mitsuha, dous adolescentes, descobren un día que mentres dormen os seus corpos se intercambian, e comezan a comunicarse entre eles por medio de notas e cos teléfonos móbiles. Ela é unha estudante dunha pequena vila que renega da vida rural e desexa vivir na cidade; el, un tímido estudante de Toquio cun traballo a tempo parcial nun restaurante italiano. A medida que conseguen superar a sorpresa inicial, créase entre eles unha ligazón que pouco a pouco vai convértendose en algo máis.[3]

  1. "Your Name (2016)". British Board of Film Classification. Arquivado dende o orixinal o 09 de xaneiro de 2018. Consultado o 23 de decembro de 2017. 
  2. "Your Name (2016)". Box Office Mojo. Consultado o 23 de abril de 2017. 
  3. Armadàs, JR (4 de xaneiro de 2017). "‘Your name’ el film d’animació que ha batut tots els rècords al Japó". El Cinèfil. Arquivado dende o orixinal o 14 de xaneiro de 2017. Consultado o 24 de marzo de 2017. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]