Kim Campbell

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Kim Campbell
Nome completoAvril Phædra Douglas Campbell
Nacemento10 de marzo de 1947
Lugar de nacementoPort Alberni
NacionalidadeCanadá
RelixiónIgreja Anglicana no Canadá
Alma máterPeter A. Allard School of Law, London School of Economics, Universidade da Columbia Británica, Prince of Wales Secondary School e Conservatório Real de Música
Ocupaciónpolítica, avogada, diplomática, autobiógrafa e politicóloga
CónxuxeNathan Divinsky e Hershey Felder
PremiosCompanion of the Order of Canada, Medalha do jubileu de ouro da Rainha Isabel II, Queen Elizabeth II Diamond Jubilee Medal, Canadian Newsmaker of the Year, Order of British Columbia, 125th Anniversary of the Confederation of Canada Medal e honorary doctorate from the University of British Columbia
Na rede
http://www.kimcampbell.com/
IMDB: nm1757541 Twitter: akimcampbell WikiTree: Campbell-9538 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Avril Phaedra Douglas "Kim" Campbell, coñecida como Kim Campbell, nada en Port Alberni, Columbia Británica o 10 de marzo de 1947, é unha avogada e política canadense. Foi a primeira muller en acceder como primeira ministra do Canadá do 25 de xuño ao 3 de novembro de 1993.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Campbell naceu en Port Alberni, Columbia Británica, como filla de Phyllis "Lissa" Margaret (de solteira Cook; 1923–2013) e de George Thomas Campbell (1920–2002), un avogado que prestou servizo nun rexemento de infantaría do exército canadense en Italia.[1][2] O seu pai naceu en Montreal, fillo de pais escoceses, provenientes de Glasgow. A súa nai abandonou á familia cando ela tiña doce anos, deixando á pequena Kim e a súa irmá Alix ao coidado do seu pai. Sendo adolescente, Campbell comezou a utilizar permanentemente o alcume de Kim.

Na súa preadolescencia, Campbell foi reporteira e condutora dun programa para nenos da CBC, chamado Junior Television Club.[3]

Campbell e a súa familia mudáronse a Vancuver, onde asistiu á Prince of Wales Secondary School e foi unha estudante sobresaliente. Graduouse en 1964.

Carreira política[editar | editar a fonte]

Impartiu ciencias políticas na Universidade da Columbia Británica e exerceu a carreira de dereito durante dous anos antes de dedicarse á política. En 1988 foi elixida para o parlamento federal.

Primeira Ministra do Canadá[editar | editar a fonte]

Baixo o cargo do Primeiro Ministro Brian Mulroney, fíxose Ministra de Asuntos Indíxenas (1989), Ministra de Xustiza e Fiscal Xeral (1990) e Ministra de Defensa (1993). Despois da xubilación de Mulroney en xuño de 1993, pasou a ser a primeira muller en ocupar o posto de Primeiro Ministro do Canadá.

Derrota polos liberais[editar | editar a fonte]

O seu mandato foi breve; o 3 de novembro de 1993 o seu partido sufriu a peor derrota da súa historia e ela renunciou.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Lissa VROOM's Obituary on The Times Colonist". 
  2. McDonell, James K.; Campbell, Robert Bennett (1997). Lords of the North (en inglés). General Store Publishing House. ISBN 9781896182711. 
  3. "Introducing Avril Campbell – Kim Campbell, First and Foremost – CBC Archives". Consultado o 6 de xuño de 2015. 
  4. Joanna Everitt. "Uncovering the Coverage: Gender Biases in Canadian Political Reporting". Media Awareness Network. Arquivado dende o orixinal o 17 de febreiro de 2010. Consultado o 23 de marzo de 2021.