Saltar ao contido

Khórtisia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Vista da illa de Khórtitsia desde o espazo.

A illa Khórtitsia (en ucraíno: Хо́ртиця Khortitsa; en ruso Хо́ртица Khortitsa) é unha grande illa localizada no río Dniéper, en Ucraína.

A illa xogou un papel importante na historia de Ucraína, especialmente na historia dos Cosacos de Zaporíia. Este histórico lugar está situado nos límites da moderna cidade industrial de Zaporíia, estendéndose desde o nordeste ao sueste ao longo de máis de 20 km, cunha anchura media de 2,5 km.

Ten unha flora e fauna únicas, incluíndo bosques de carballos e piñeiros, praderías e estepas, polo que na actualidade está protexida como reserva cultural nacional. A parte norte da illa é moi rochosa e relativamente alta (30 m sobre o leito do río) en comparación coa parte sur, que é baixa e adoito inundada polas augas do Dniéper.

Zaporíia toma o nome das nove cataratas do río Dniéper que foron niveladas na década de 1930 cando se construíu unha central hidroeléctrica na corrente principal. Só acantilados graníticos, que se levantan 50 m, testemuñan o pasado do orixinariamente rochoso terreo.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Bürgers, Jana (2006): "Mythos und Museum. Kosakenmythos und Nationsbildung in der postsowjetischen Ukraine am Beispiel des Kosakengeschichtsmuseums auf der Insel Chortycja." In: Bianka Pietrow-Ennker (Hg.): Kultur in der Geschichte Russlands. Göttingen: Vandenhoeck & Ruprecht. ISBN 3-525-36293-5.
  • Ganzer, Christgian (2005): Sowjetisches Erbe und ukrainische Nation. Das Museum der Geschichte des Zaporoger Kosakentums auf der Insel Chortycja. Mit einem Vorwort von Frank Golczewski. Stuttgart: Stuttgart Verlag. ISBN 3-89821-504-0

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.