Key Largo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Key Largo
Cartel do filme.
Ficha técnica
DirectorJohn Huston
IntérpretesHumphrey Bogart
Edward G. Robinson
Lauren Bacall
Lionel Barrymore
Claire Trevor
MúsicaMax Steiner
FotografíaKarl Freund
DistribuidoraWarner Bros.
Estrea16 de xullo de 1948
Duración101 minutos
OrixeEstados Unidos
XéneroPolicíaco
Cine negro
Orzamento$1.763.000
Recadación$3.219.000 (Estados Unidos)
$1.150.000 (internacional)[1]
LinguaInglés
Na rede
IMDB: tt0040506 Filmaffinity: 600727 Allocine: 5700 Rottentomatoes: m/key_largo Allmovie: v27130 TCM: 598 TV.com: movies/key-largo-1948 Netlix: 667884Editar o valor em Wikidata
Tráiler de Key Largo.

Key Largo é unha película estadounidense de 1948 coescrita e dirixida por John Huston, e protagonizada por Humphrey Bogart, Edward G. Robinson, Lauren Bacall, Lionel Barrymore e Claire Trevor. Está baseada na obra de teatro homónima de Maxwell Anderson, estreada en Broadway o 27 de novembro de 1939. Key Largo foi a cuarta e derradeira película que amosaba á parella de actores casados Bogart e Bacall, despois de To Have and Have Not (1944), The Big Sleep (1946) e Dark Passage (1947).

Trama[editar | editar a fonte]

O filme narra a violenta estancia dun grupo de gánsteres retidos nun hotel da costa de Florida por unha forte tormenta. Alí o "rei dos gánsters", Johnny Rocco (Edward G. Robinson), agóchase facéndose o amo do lugar e retendo a punta de pistola a Nora Amorne (Lauren Bacall), dona do hotel, ao seu sogro inválido (Lionel Barrymore) e ao veterano de guerra Frank McCloud (Humphrey Bogart). Con Rocco, está a súa noiva (Claire Trevor), que é unha cantante en época de decadencia. McCloud é o único home capaz de facer fronte ao belixerante Rocco. Pero a realidade do mundo despois da guerra fixo que o desilusionado ex-oficial do exército perdese as ganas de loitar.

Elenco[editar | editar a fonte]

Sen acreditar
  • Jay Silverheels é John Osceola.
  • Rodd Redwing é Tom Osceola.

Produción[editar | editar a fonte]

O guión difire da obra de teatro, onde os gánsteres son bandidos mexicanos e Frank morre ao final.

As escenas do furacán foron aproveitadas dunha película anterior: Night Unto Night, un melodrama protagonizado por Ronald Reagan que produciu Warner Bros. en 1948.

O barco do final do filme chámase Santana, que era tamén o nome do veleiro de Bogart na vida real.[2]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

O American Film Institute nomeou no ano 2003 ao personaxe de Johnny Rocco para a lista 100 anos de AFI... 100 heroes e viláns,[3] e en 2008 á película ao AFI's 10 Top 10 na categoría de "películas de gánsteres".[4]

Premios Óscar[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Premios Óscar.

Claire Trevor, quen interpretou á cantante alcohólica Gaye Dawn, recibiu o premio Óscar á mellor actriz secundaria na 21.ª cerimonia dos Premios Óscar.[5]

Categoría Persoa Resultado
Mellor actriz secundaria Claire Trevor Gañadora

Referencias[editar | editar a fonte]

  1. Appendix 1, Historical Journal of Film, Radio and Television (1995), 15:sup1, 1-31 p 28 DOI: 10.1080/01439689508604551.
  2. Meyers, Jeffrey. Bogart: A Life in Hollywood. Londres: Andre Deutsch Ltd., 1997. ISBN 0-233-99144-1, p. 236.
  3. "AFI's 100 Years...100 Heroes & Villains Nominees" (PDF) (en inglés). 2003. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 4 de novembro de 2013. 
  4. "AFI's 10 Top 10 Nominees" (PDF) (en inglés). 2008. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 16 de xullo de 2011. 
  5. "The 21st Academy Awards - 1949" (en inglés). Academy of Motion Picture Arts and Sciences.