Kete Ioane
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 30 de outubro de 1950 ![]() Amuri, Illas Cook (en) ![]() ![]() |
Morte | 13 de febreiro de 2015 ![]() Auckland, Nova Zelandia ![]() |
Deputado do Parlamento das Illas Cook | |
![]() | |
Actividade | |
Ocupación | político ![]() |
Partido político | Partido Demócrata ![]() |
Kete Ioane, nado o 30 de outubro de 1950 en Amuri (Aitutaki), é un político das Illas Cook.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Kete Ioane traballou na administración pública, primeiro no departamento de agricultura e máis tarde no de policía[1]. Accedeu ao Parlamento por primeira vez en 1999 pola circunscrición de Vaipeka-Vaipae-Tautu como demócrata. En 2006 accedeu ao posto de ministro de medio ambiente e illas exteriores aos que lle engadiron en 2008 as competencias de relacións co Parlamento e xustiza[2]. En decembro de 2009 deixou o posto como protesta pola destitución do gabinete do líder do Partido Demócrata Terepai Maoate.[3][4] Nas eleccións xerais de 2010 perdeu o seu escano por tres votos fronte ao candidato do Partido das Illas Cook[5].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Hon. Kete Ioane". Cook Islands Parliament. Arquivado dende o orixinal o 01 de outubro de 2010. Consultado o 2009-04-11.
- ↑ "Changes announced to Ministries". Cook Islands Herald. Consultado o 2009-04-11.
- ↑ "Cooks Deputy Prime Minister replaced, prompting a walkout". Radio New Zealand International. 2009-12-24. Consultado o 2009-12-24.
- ↑ "Cabinet Ministers Resign in Support of Party Leader". Democratic Party - Cook Islands. 2009-12-23. Arquivado dende o orixinal o 09 de xullo de 2011. Consultado o 2009-12-25.
- ↑ Herald Special Report. Cook Islands General Election 2010
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Perfil no Parlamento das Illas Cook.