Keiko Abe

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
書.svg Esta páxina contén texto en xaponés.
Se o seu navegador non está axeitadamente configurado pode ver caracteres estraños.

Keiko Abe (安倍 圭子 Abe Keiko?, nada o 18 de abril de 1937) en Toquio, é unha compositora xaponesa e virtuosa na interpretación da marimba . O seu papel no desenvolvemento da marimba, tanto no musical como no deseño, foi fundamental para a súa difusión.

Foi unha figura primordial no desenvolvemento da marimba, tanto en temas de ampliación de repertorio como de técnica, en colaboración coa empresa de instrumentos musicais Yamaha, desenvolveu este moderno instrumento de cinco octavas.