Kazys Grinius
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 17 de decembro de 1866 Selema (Imperio Ruso) |
| Morte | 4 de xuño de 1950 Chicago, Estados Unidos de América |
| Lugar de sepultura | Lithuanian National Cemetery (en) |
| 7 de xuño de 1926 – 17 de decembro de 1926 ← Aleksandras Stulginskis – Jonas Staugaitis → | |
| 19 de xuño de 1920 – 2 de febreiro de 1922 ← Ernestas Galvanauskas – Ernestas Galvanauskas → | |
| Datos persoais | |
| Relixión | Igrexa católica latina |
| Educación | Marijampolė Gymnasium (en) Medical faculty of Moscow University (en) |
| Actividade | |
| Lugar de traballo | Vilnius |
| Ocupación | político, publicista, libreiro, mestre, xornalista, médico, humanista |
| Partido político | Lithuanian Popular Peasants' Union (en) |
| Familia | |
| Cónxuxe | Joana Griniuvienė |
| Fillos | Kazys Grinius |
| Premios | |
| |
| Descrito pola fonte | Biographical Dictionary of Central and Eastern Europe in the Twentieth Century (en) |
Kazys Grinius, nado o 19 de decembro de 1866 en Selema e finado o 4 de xuño de 1950 en Chicago, foi o terceiro presidente de Lituania, e gobernou entre o 7 de xuño e o 17 de decembro de 1926[1].
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Cando Grinius naceu en Selema, Lituania era parte do Imperio Ruso. El estudou medicina na Universidade de Moscou e graduouse médico. Durante a súa mocidade el envolveuse en actividades políticas, e foi perseguido pola policía do czar.
O 1896 el casou con Joana Pavalkytė. Durante algúns anos eles viviron en Virbalis. Eles tiveron un fillo o 1899, Kazys, e unha filla o 1902, Gražina. Durante a primeira guerra mundial eles viviron en Kislovodsk. A súa esposa e fillos foron mortos o 1918 nun ataque do Exército Vermello. Elas están sepultadas nun cemiterio de Kislovodsk.
Cando Lituania obtivo a súa independencia o 1918, Grinius tornouse membro da Asemblea Nacional como membro do Partido Popular Campesiño. El serviu como primeiro ministro entre 1920 e 1922 e asinou un pacto coa Unión Soviética. El foi elixido presidente polo Terceiro Seimas, pero serviu por apenas 6 meses, sendo deposto polo golpe de Estado do 1926, liderado por Antanas Smetona.
Cando a Alemaña nazi invadiu Lituania, Grinius recusouse a colaborar, debido á súa oposición a calquera ocupación estranxeira. El fuxiu ao Occidente cando Lituania foi ocupada polos soviéticos o 1944, e emigrou aos Estados Unidos o 1947[1].
El morreu en Chicago, Illinois o 1950[1]. Despois que Lituania recobrou a súa independencia o 1990 os seus restos mortais foron sepultados alá.