Kawawachikamach

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 54°52′N 66°46′O / 54.867, -66.767

Kawawachikamach
Localización
Kawawachikamach en Quebec
Kawawachikamach
Kawawachikamach
PaísFlag of Canada.svg Canadá
ProvinciaQuebec
RexiónCôte-Nord
Xeografía
Superficie41,20 km² km²
Demografía
Poboación641 hab. (2021)
Densidade19,7 hab/km²
Outros datos
Código postalG0G 2Z0
Páxina oficial da Nación Naskapi


Kawawachikamach (en naskapi ᑲᐛᐛᒋᑲᒪᒡ Kawâwâchikamach) é unha entidade naskapi situada no sur do lago Matemace, a aproximadamente 15 quilómetros o nordés de Schefferville no Quebec [1]. Como a maioría das entidades autóctonas do Quebec, Eastmain, componse dun territorio reservado de categoría IA, onde se atopa a contorna urbanizada onde viven os membros da nación naskapi de Kawawachikamach e que é de xurisdición federal, e mais dun municipio vilego naskapi de categoría IB, deshabitado e de xurisdicción provincial. Administrativamente, dentro do Quebec, intégrase na rexión de Côte-Nord.

Xeografía[editar | editar a fonte]

O territorio reservado de Kawawachikamach sitúase ao sur do paralelo 55 e constitúe un enclave dentro do territorio non organizado de Lac-Vacher e malia localizarse xeograficamente dentro da municipalidade rexional de condado de Caniapiscau non forma parte dela. Pola contra, a municipalidade vilega naskapi está o norte do paralelo 55 e está dentro do territorio de Kativik.

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

Kawawachikamach significa en naskapi "río sinuoso que vira en gran lago" [2]

Historia[editar | editar a fonte]

Os naskapi de Kawawachikamach vivían tradicionalmente no norte do Quebec, pero logo de varios desprazamamentos en 1956 trasladáronse de Fort Chimo a Schefferville. Funcionarios do goberno puideron inducir ou ordenar este movemento pero nada fixeron para preparar a súa chegada a Schefferville. Os naskapi establéceronse preto do aeroporto en choupanas construídas con materiais residuais. As autoridades municipais traladáronos a Lac-John, e alí viviron en condicións de pobreza, sen auga, sumidoiros, electricidade, escolas nin atención médica. En 1968 formouse a reserva de Matimekosh e para alí foron os naskapi en 1972 canda os innu[3].

Na década de 1970 os naskapi principian as negociacións para lograr o seu propio asentamento. En 1978 renunciaron a calquera dereito ou interese á reserva Matimekosh como requisito para un acordo co Quebec que recoñecía a formación da súa propia reserva e en 1981 o goberno do Quebec transferiu 41.44 km2 de terra ao goberno do Canadá para beneficio exclusivo dos naskapi. En 1983 os primeiros residentes asentaron na vila, especificamente adaptada á contorna[2][3][4].

Goberno e administración[editar | editar a fonte]

Kawawachikamach está administrado por un consello de banda dirixido polo xefe Noah Swappie dende 1999 [5]. Anteriormente, a Nación Naskapi de Kawawachikamach era coñecida como a Banda Naskapi de Quebec ou os Naskapi de Schefferville. A nación — representada no seo da administración rexional de Kativik polo xefe de banda, que é de facto alcalde da municipalidade vilega naskapi- dispón dun «territorio exclusivo de caza, pesca e captura» cunha superficie de 4 144 km2[6] .

Demografía[editar | editar a fonte]

Serie de poboación histórica de Kawawachikamach
Ano1991199620012006201120162021
Poboación405487540569586601641

Linguas[editar | editar a fonte]

Segundo o censo de 2016[7] o naskapi é a lingua materna de 490 habitantes da localidade e a segunda lingua é o inglés con 50 falantes. O innu é a lingua materna de 25 persoas e o francés de 5. Ademais outras 5 persoas afirman que a súa lingua materna é o francés e unha lingua non oficial. Por coñecemento das dúas linguas oficiais 440 persoas afirman que falan inglés como primeira lingua oficial, un total de 110 falan inglés e francés, 15 só francés e hai 40 persoas que non falan ningunha das dúas linguas oficiais. Son un total de 570 persoas os que afirman que poden falar naspaki. A maioría da poboación identifícase como indios norteamericanos, con só 15 non nativos. Hai 90 persoas que declaran que teñen algún devanceiro inuit mais só 5 persoas teñen como lingua materna algunha lingua inuit.

Relixión[editar | editar a fonte]

Os naskapi convertéronse ao cristianismo ao longo do século XX e a maioría son de confesión anglicana[8], a igrexa parroquial de San Xoán de Kawawachikamach dependende da diocese do Quebec da Igrexa Anglicana do Canadá que agrupa os anglicanos locais. O reverendo ao cargo é Silas Nabinicaboo, tamén tradutor da Corporación de Desenvolvementon Naskapi.

Segundo o censo de 2001 eran 35 os católicos da localidade[9], pero non contan con lugar de culto.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Kawawachikamach". Répertoire des municipalités. 
  2. 2,0 2,1 Commission de toponymie du Québec
  3. 3,0 3,1 "Our Nation - History". Naskapi Nation of Kawawachikamach. Consultado o 2010-10-19. 
  4. Natural Resources Canada - Legal Surveys Division, Historical Review - Kawawachikamach land title history Arquivado 2011-07-06 en Wayback Machine.
  5. "Le chef naskapi Noah Swappie réélu". Radio Canada. 26 de agosto de 2018. 
  6. Dufour, Jules (1993). "Les revendications territoriales des peuples autochtones au Québec". Cahiers de géographie du Québec 37 (101): 263–290. ISSN 0007-9766. 
  7. "Kawawachikamach, Terres réservées aux Naskapis [Census subdivision], Quebec and Sept-Rivières--Caniapiscau, Census division [Census division], Quebec". Statistics Canada. 
  8. Tanner, V. (1944). Newfoundland-Labrador (The Eastern Part of the Labrador Peninsula). Outlines of the Geography, Life, and Customs. Acta Geographica. p. 659. 
  9. "2001 Community Profiles. Kawawachikamach". Stadistique Canada.