Katrine Marçal
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (sv) Katrine Linda Mathilda Kielos 24 de outubro de 1983 (40 anos) Lund, Suecia |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Suecia |
Educación | Universidade de Uppsala - Q10636154 |
Actividade | |
Campo de traballo | Xornalismo de opinión, jornalismo econômico (pt) e ciencia social |
Ocupación | escritora , xornalista |
Partido político | Partido Operário Social-Democrata da Suécia (pt) |
Lingua | Lingua sueca |
Premios
| |
Katrine Linda Mathilda Kielos, coñecida como Katrine Marçal, nada en Lund o 24 de outubro de 1983, é unha escritora e xornalista sueca. En 2023, vive en Londres.
Marçal é xornalista do diario sueco Aftonbladet, onde escribiu principalmente artigos sobre política financeira sueca e internacional e feminismo. Graduouse na Universidade de Uppsala.[1] Tamén escribiu para Dagens Arena e foi escritora freelance para as páxinas culturais do xornal Expressen.[2] En 2013, o xornal sueco Dagens Nyheter concedeu a Marçal o terceiro premio anual Lagercrantzen.
Obras
[editar | editar a fonte]En 2012, Katrine Maçal publicou o libro Det enda könet (Quen preparou a cea de Adam Smith?) que fala da relación entre economía e patriarcado. No libro, analiza a historia da economía a través de Adam Smith, considerado o pai da economía. Marçal chama a atención sobre o feito de que non só existe un "segundo sexo" senón tamén unha "segunda economía".[3]
O libro foi nomeado ó Premio August outorgado pola Asociación de Editores Suecos en 2012.[4] A tradución ao inglés do libro Who Cooked Adam Smith's Dinner?[5] foi nomeada ao premio Bread and Roses en 2016. Desde entón foi traducido a 14 idiomas.
En 2021, publicou Mother of Invention, un percorrido pola historia da innovación desde o punto de vista do feminismo.[6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Mikael Marklund
- ↑ Wiman, Björn (5 de febreiro de 2013). "Katrine Kielos får Lagercrantzen" (en sueco). Consultado o 19 de novembro de 2015.
- ↑ Salazar, Octavio (30 de xuño de 2016). "¿Quién le hacía la cena a Adam Smith?". El País. Mujeres (en castelán). Consultado o 17 de marzo de 2017.
- ↑ "Nominerade Caja Augustpriset 2012". Arquivado dende o orixinal o 3 de decembro de 2016. Consultado o 17 de marzo de 2017.
- ↑ "Quién Cocinó la cena de Adam Smith?". Arquivado dende o orixinal o 20 de abril de 2017. Consultado o 17 de marzo de 2017.
- ↑ Plaza, Analía (25 de xaneiro de 2022). "El misterio de la maleta con ruedas: cómo creer que era 'de chicas' retrasó décadas su invención". epe.es (en castelán). Consultado o 25 de xaneiro de 2022.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Katrine Marçal |