Katharevousa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Historia da
lingua grega

(ver tamén: alfabeto grego)
Protogrego (c. –2000)
Micénico (c. -1600-1100)
Grego antigo (c. –800-300)
Dialectos:
Eolio, Arcadochipriota, Ático,
Dórico, Macedonio, Xónico

Koiné (desde c. -300)
Grego bizantino (c. -3301453)
Grego moderno (desde 1453)
Dialectos:
Capadocio, Chipriota,
Demótico, Griko, Katharevousa,
Póntico, Tsakonio, Ievánico

A katharévusa ou katharévousa (en grego καθαρεύουσα, literalmente, lingua purificada) é unha forma do idioma grego creada no inicio do século XIX por Adamántios Koraís (1748-1833).

Historia[editar | editar a fonte]

Korais rexeitaba a influencia bizantina na lingua grega e era un crítico ácido da ignorancia do clero e da súa submisión ao Imperio Otomán. A katharévusa foi concibida para expurgar do grego as achegas estranxeiras sen con iso pretender volver ao grego antigo.

Tras a Segunda Guerra Mundial, un amplo e longo debate político opuña os defensores da forma popular, o grego demótico (en grego δημοτική), aos partidarios da katharévusa.

A katharévusa recibiu estatuto de lingua oficial en 1830, pero nunca se tornou de uso corrente (non era de feito a lingua do pobo) e só en 1976 foi substituída polo grego demótico.