Kaspars Bērziņš

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Kaspars Bērziņš
Bērziņš.JPG
Krasnye Krylia
Ala-pivote / Pivote
Nacemento 25 de agosto de 1985 (29 anos)
Flag of Latvia.svg Ogre, Letonia
Nacionalidade Flag of Latvia.svg Letonia
Altura 2,13 m (7 ft 0 in)
Peso 102 kg (225 lb)
Liga VTB United League
Carreira dende 2003
Equipos

Letonia BK Skonto (2003–2004)
España CB Málaga (2004–2005)
Letonia ASK Riga (2005–2006)
Letonia Barons LMT (2006–2009)
España Baloncesto Fuenlabrada (2009–2010)
España Cáceres CB (2010)
Letonia VEF Rīga (2010–2014)
Galicia Obradoiro CAB (2014)
Letonia Krasnye Krylia (2014–)

Kaspars Bērziņš, nado o 25 de agosto de 1985 en Ogre, é un xogador profesional de baloncesto letón que xoga para o Krasnye Krylia da VTB United League letona. Cunha estatura de 2,13 metros xoga nas posicións de ala-pivote e pivote.

Traxectoria profesional[editar | editar a fonte]

Bērziņš comezou a xogar ó baloncesto na súa cidade natal, Ogre. Máis tarde xogou no BK Skonto, no que debutou na tempada 2002-03. No ano 2004 fichou polo Unicaja Málaga da Liga ACB, pero apenas xogou co primeiro equipo. En 2005 voltou a Letonia para xogar no ASK Riga, e un ano máis tarde no Barons LMT, onde xogou as seguintes tres tempadas.

En xullo de 2009, xogou a Liga de Verán da NBA cos Phoenix Suns,[1] e ó remate asinou co Baloncesto Fuenlabrada. No ano 2010 xogou cedido no Cáceres Ciudad del Baloncesto, pero en xullo de 2010 asinou un contrato de dous anos co VEF Rīga.[2]

O 11 de febreiro de 2014, anunciouse a súa fichaxe polo Obradoiro CAB da Liga ACB.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]