Saltar ao contido

Kas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
 Kas
Logotipo
 Instancia de
 Subclase de
Implicados
 Propietario/a
 Fabricante
Datas
 Fundación / creación
1956 Editar o valor en Wikidata
Localización
 País de orixe
Códigos e identificadores
Freebase/m/06p2zm Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Wikidata C:Commons

Kas é unha marca dunha bebida carbonatada (refresco) con sabores a laranxa, limón e mazá, pertencente á multinacional estadounidense PepsiCo.

As orixes da empresa están nunha bebida chamada “La Sucursal” que iniciaron a producir en 1926.[1] Os irmáns Román e José María Knörr, fabricantes de cervexa e gasosas de Vitoria (País Vasco), tiveron a idea de mesturar concentrado de zume de laranxa con gasosa en 1952.[2] Empezouse a comercializar en Vitoria, Áraba, País Vasco, no ano 1956. Anteriormente comercializábase co nome Zume de Laranxa "El As"[3], pero os seus donos, a familia Knörr, decidiu incorporar a esta marca o K inicial do seu apelido. Curiosamente, ademais, a palabra kas significa gas en éuscaro.

A marca tivo éxito na zona cantábrica establecendo plantas de embotellado e distribución en Vigo, Irún, Barcelona, Palma ou Sevilla. Actualmente pertence á compañía estadounidense de bebidas e alimentos PepsiCo, que comprou a empresa matriz de Kas no ano 1992. Véndese en España, sur de Francia e Portugal.

Kas foi engadindo á súa marca outros sabores e mercados:

  • Kas Laranxa (España)
  • Kas Limón (España)
  • Kas Manzana (España)
  • Kas Uva (España)
  • Kas Cola (España)
  • Kas Fresa Esplosiva (Illas Canarias)
  • Kas Tónica (España)
  • Kas Toronja (México)
  • Bitter Kas (España)
  • Kas Guaraná (Brasil)
  • Kas Guaraná Maracuyá (Brasil)
  • Kas Guaraná Acerola (Brasil)
  • Kas Uva Acerola (Brasil).

Polémicas

[editar | editar a fonte]

En 1975 xurdiu a Koordinadora Abertzale Socialista (KAS), pertencente ao Movemento de Liberación Nacional Vasco (MLNV) na órbita do grupo terrorista ETA: Eta Político-Militar V Asemblea, ETA Militar V Asemblea, os partidos EHAS e HASI e os sindicatos LAK e LAB. O 18 de agosto de 1976, durante a celebración da Mesa de Alsasua, xurdiu Herri Batasuna (HB). As agrupacións políticas que integraban KAS organizáronse na contorna de HB.[4] A coincidencia nos nomes xerou confusión no mercado e malestar na empresa.[5]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]