Karl Drais
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 29 de abril de 1785 Karlsruhe, Alemaña |
Morte | 10 de decembro de 1851 (66 anos) Karlsruhe, Alemaña |
Lugar de sepultura | Hauptfriedhof Karlsruhe (pt) (1881–) Alter Friedhof Karlsruhe (pt) (–1881) |
Educación | Universidade de Heidelberg |
Actividade | |
Lugar de traballo | Waldkatzenbach (en) (1839–1842) Brasil (1822–1827) Karlsruhe |
Ocupación | inventor, deseñador, silvicultor, land surveyor (en) |
Período de actividade | (Con vida en: 1820 ) |
Outro | |
Título | Barón |
Pai | Karl Wilhelm Ludwig Friedrich von Drais von Sauerbronn |
Descrito pola fonte | Allgemeine Deutsche Biographie (pt) Obálky knih, Medvik >>>:Drais, Karl, 1785-1851, |
Karl Freiherr von Drais, de nome completo Karl Friedrich Christian Ludwig Freiherr Drais von Sauerbronn, nado o 29 de abril de 1785 en Karlsruhe e finado na mesma cidade o 10 de decembro de 1851, foi un inventor e investigador alemán moi activo a comezos do século XIX. Foi principalmente coñecido por ser o inventor da Laufmaschine (máquina de correr), que despois se denominou draisiana, precursora da actual bicicleta.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]O seu pai, Karl Wilhelm Ludwig Friedrich Drais von Sauerbronn, foi xuíz do tribunal superior de Baden. A súa nai era Margarete Ernestine von Kaltenthal e o padriño de bautismo foi o margrave Carlos Federico de Baden. Terminado o bacharelato en Karlsruhe, de 1803 a 1805 estudou arquitectura, agricultura e física na Universidade de Heidelberg. Dedicouse a asuntos forestais en Schwetzingen e en 1810 era inspector forestal no Gran Ducado de Baden, sen distrito determinado.
Porén, un ano despois abandonou o servizo para dedicarse ás súas invencións. En 1818 o Gran Duque Carlos nomeouno profesor de mecánica e puido retirarse, aínda novo, mantendo o seu salario. Isto permitiulle continuar coa súa carreira de inventor.
Invencións
[editar | editar a fonte]Inventou unha máquina para as teclas do piano. Como o seu pai estaba a perder a vista, inventou unha máquina de escribir con teclas para 25 letras. En 1829 sacou unha máquina de escribir estenográfica para 16 letras, que gravaba xa nunha cinta perforada.
Porén, o invento que o faría famoso foi a Laufmaschine (máquina andante) ou draisiana, unha especie de velocípedo de dúas rodas. Fixo a súa primeira demostración en público con ela o 12 de xuño de 1817 de Mannheim a Schwetzingen, e culminou unha viaxe de Karlsruhe até Kehl. En 1818 recibiu un privilexio do Ducado, equivalente a unha patente actual, e posteriormente patentes en Prusia e Francia. A draisiana foi a precursora da actual bicicleta.
En 1813, Drais creou un vehículo de catro rodas propulsado por pedais e logo por un cegoñal entre as rodas traseiras. A construción de vehículos que non precisaban tracción animal volvérase interesante por mor da subida do prezo da avea desde 1812 e sobre todo polas malas colleitas en 1816 (o ano sen verán) debido á explosión do volcán Tambora en 1815.
Durante os motíns de soldados en 1849 na chamada Revolución de Baden, Drais, que era demócrata, renunciou publicamente ao seu título nobiliario. Porén, tres meses despois os ocupantes prusianos obrigárono a aceptalo de novo.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Karl Drais |
Biografía
[editar | editar a fonte]- Hans-Erhard Lessing: Automobilität – Karl Drais und die unglaublichen Anfänge. Maxime-Verlag, Leipzig 2003. ISBN 3-931965-22-8
- Hermann Ebeling: Der Freiherr von Drais: das tragische Leben des "verrückten Barons". Ein Erfinderschicksal im Biedermeier. Braun, Karlsruhe 1985. ISBN 3-7650-8045-4 (Datos dunha exposición da súa vida)
- Heinz Schmitt: Karl Friedrich Drais von Sauerbronn: 1785-1851; ein badischer Erfinder; Exposición do seu 200 aniversario; Stadtgeschichte im Prinz-Max-Palais, Karlsruhe, 9. März-26. Mai 1985; Städt. Reiss-Museum Mannheim, 5. Juli-18. August 1985. Stadtarchiv Karlsruhe, Karlsruhe 1985.
- Michael Rauck: Karl Freiherr Drais von Sauerbronn: Erfinder und Unternehmer (1785-1851). Steiner, Stuttgart 1983. ISBN 3-515-03939-2
- Karl Hasel: Karl Friedrich Frhr. Drais von Sauerbronn, in Peter Weidenbach (Red.): Biographie bedeutender Forstleute aus Baden-Württemberg. Schriftenreihe der Landesforstverwaltung Baden-Württemberg, Band 55. Herausgegeben vom Ministerium für Ernährung, Landwirtschaft und Umwelt Baden-Württemberg. Landesforstverwaltung Baden-Württemberg und Baden-Württembergergische Forstliche Versuchs- und Forschungsanstalt, Stuttgart und Freiburg im Breisgau 1980, S. 99-109 (actividades políticas descoñecidas)
- Artigo no "Neuen Deutschen Biographie"Arquivado 31 de outubro de 2018 en Wayback Machine., de Sigfrid von Weiher