Kanopus-V

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Un satélite Kanopus-V.

Kanopus-V ou Kanopus-Vulkan é unha serie de satélites artificiais para observación terrestre de Rusia.[1][2]

Características[editar | editar a fonte]

Os Kanopus-V son satélites de observación remota cunha masa duns 473 kg construídos por NPP VNIIEM con cámaras de OAO Peleng para a axencia espacial rusa Roskosmos. A súa misión é monitorizar e controlar desastres naturais e humanos, levantar cartografía, detectar incendios forestais e contaminación, estudar fenómenos físicos relacionados coa predición de terremotos e controlar o uso de terras para agricultura e os recursos hídricos e costeiros.[1][2]

Os satélites Kanopus-V levan dous instrumentos a bordo:[1][2]

  • Unha cámara pancromática (PSS, Panchromatic Imaging System) para monitorización medioambiental, da agricultura e dos bosques. Proporciona unha resolución de 2,5 m nunha banda de 20 km de longo para lonxitudes de onda entre 500 e 800 nanómetros.
  • Unha cámara multiespectral (MSS, Multispectral Imaging System) para monitorizar superficies costeiras e terrestres e cubertas de xeo. Ten unha resolución de 12 m nunha banda de 20 km de longo en catro bandas espectrais: 500 a 600 nm, 600 a 700 nm, 700 a 800 nm e 800 a 900 nm.

Unha versión capaz de observar no infravermello é denominada Kanopus-V-IK e o satélite de observación terrestre belaruso BKA é basicamente unha copia dos Kanopus-V.[1][2]

Historial de lanzamentos[editar | editar a fonte]

Misión[1][2] Data de lanzamento[1][2] Foguete lanzador[1][2] Notas[1][2]
Kanopus-V 1 22 de xullo de 2012 Soiuz FG Fregat Éxito
Kanopus-V 2 N/A N/A Modificado e lanzado como Kanopus-V-IK 1.
Kanopus-V 3 1 de febreiro de 2018 Soiuz 2-1a Fregat Éxito
Kanopus-V 4 1 de febreiro de 2018 Soiuz 2-1a Fregat Éxito
Kanopus-V 5 27 de decembro de 2018 Soiuz 2-1a Fregat Éxito
Kanopus-V 6 27 de decembro de 2018 Soiuz 2-1a Fregat Éxito

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 Gunter Dirk Krebs (2023). Gunter's Space Page, ed. "Kanopus-V 1, 2" (en inglés). Consultado o 23 de maio de 2023. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 Mark Wade (2023). "Kanopus" (en inglés). Consultado o 23 de maio de 2023. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]