Saltar ao contido

Pobo kanaka

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Kanakas»)
Pobo kanaka
Mulleres kanakas
Mulleres kanakas.
Poboación
Poboación total:
104 958 (2014)[1]
Rexións principais:
Nova Caledonia e outras illas da Melanesia104 958
Aspectos culturais
LinguaLinguas kanakas e francés
RelixiónAnimismo e Cristianismo
Grupos
relacionados
Insulares do estreito de Torres, papúa e aborixes australianos

Os kanakas[2] son os indíxenas melanesios de Nova Caledonia. Segundo datos do 2009, a súa poboación ascende a 99.078 persoas e constitúen o 40.3% da poboación total de Nova Caledonia[3].

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

O termo utilizado nas linguas melanesias de Nova Caledonia, "kanak", ten a súa orixe na palabra kanaka que significa "home" en lingua hawaiana, e é usado en xeral polos habitantes indíxenas das Illas do Pacífico para se referir a eles mesmos. Os navegantes e mercadores europeos xeneralizaron o seu emprego, sobre todo na forma francesa «canaque», para referirse non só ós polinesios, senón tamén ós pobos de Melanesia e Micronesia.

En Nova Caledonia, o termo utilizouse por parte dos franceses de forma pexorativa. A partir da década de 1960 os movementos independentistas de Nova Caledonia apropiáronse do termo para referirse a si mesmos. Deste xeito, a nación kanaka denomínase Kanaky. Cunhas trinta linguas autóctonas diferentes, non existía unha denominación común para o país nin para a poboación melanesia de Nova Caledonia. O que antes se consideraba pexorativo, hoxe emprégase con orgullo e como símbolo de reivindicación cultural e emancipación política.

Bandeira de Nova Caledonia

Son considerados tradicionalmente como un pobo melanesio. A súa instalación no arquipélago remóntase cando menos ós anos 1.000 e 1.500 a. C., coincidindo coa expansión austronesia en Oceanía. A datación baséase nos restos arqueolóxicos atopados en Nova Caledonia onde se atoparon os primeiros e principais xacementos pertencentes á cultura lapita.

Kanakas famosos

[editar | editar a fonte]

Destaca o futbolista Christian Karembeu, xogador internacional da Selección de fútbol de Francia que gañou a Copa Mundial de Fútbol de 1998. Tamén atopamos ó futbolista Frédéric Piquionne que actualmente xoga de dianteiro na Premier League.

  1. "Population Structure and Trends". Institute de la Statistique et des études économiques Nouvelle-Calédonie (en francés). Institute de la Statistique et des études économiques Nouvelle-Calédonie. Consultado o 3 de xullo de 2017. 
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para kanaka.
  3. Xt.isee.nc (ed.). "ISEE - Population 2009". Arquivado dende o orixinal o 29 de setembro de 2012. Consultado o 21 de abril de 2014. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]