Kamala Sohonie

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaKamala Sohonie
Nome orixinal(hi) कमला सोहनी Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento18 de xuño de 1911 Editar o valor em Wikidata
Indore, India (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte28 de xuño de 1998 Editar o valor em Wikidata (87 anos)
Nova Deli, India Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeIndia (1950–)
Dominio da India (1947–1950)
Raj Británico (–1947) Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Cambridge - Doutor en filosofía (1937–1939)
Instituto Indiano de Ciências (pt) Traducir - Master of Science (pt) Traducir (1933–1936)
Universidade de Bombaim (pt) Traducir - química (–1933) Editar o valor em Wikidata
Director de teseFrederick Gowland Hopkins Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónbioquímica , investigadora Editar o valor em Wikidata
Premios

Kamala Sohonie (de solteira Bhagvat), nada en Indore (Madhya Pradesh, India) o 14 de setembro de 1912[1] e finada en Nova Deli o 28 de xuño de 1998, foi unha bioquímica que en 1939 converteuse na primeira muller india en recibir un doutoramento nunha disciplina científica.[2][3] A súa aceptación e traballo no Instituto Indio de Ciencias, Bangalore, achandou o camiño para que as mulleres fosen aceptadas na institución por primeira vez na súa historia.[4][5]

As súas investigacións profundaron nos efectos das vitaminas e nos valores nutritivos dos legumes, o arroz e os grupos de alimentos consumidos por algúns dos sectores máis pobres da poboación india. O seu traballo sobre os beneficios nutricionais do extracto de palma chamado 'Neera' inspirouse na suxestión do entón presidente Rajendra Prasad. Kamala Sohonie recibiu o premio Rashtrapati por este traballo.[6]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Kamala Sohonie tiña familiares de formación científica. O seu pai, Narayanarao Bhagvat, así como o seu tío, Madhavrao Bhagvat, eran químicos e exalumnos do antigo Instituto de Ciencias Tata (que máis tarde se converteu no Instituto Indio de Ciencias) en Bangalore. Kamala Sahonie seguiu a "tradición familiar" e se graduou en 1933 cunha licenciatura en Química (principal) e Física (secundaria) da Universidade de Bombai.

Logo, Sohonie solicitou unha bolsa de investigación no Instituto de Ciencias da India, pero a súa solicitude foi rexeitada polo entón director e premio Nobel C. V. Raman co argumento de que as mulleres non se consideraban o suficientemente competentes para realizar unha investigación.[2] Kamala Sohonie respondeu o rexeitamento cunha "satyagraha" fóra da oficina de Raman, o que o persuadiu de que se lle concedese a admisión, pero con condicións humillantes para ela. Aínda así, Kamala Sohonie aceptou as condicións, converténdose en 1933 na primeira muller admitida no instituto.[7] Máis tarde diría: «Aínda que Raman era un gran científico, era moi estreito de miras. Nunca poderei esquecer a forma en que me tratou só porque era muller. Mesmo entón, Raman non me admitiu como estudante regular. Isto foi un gran insulto para min. Os prexuízos contra as mulleres eran tan graves naquela época. Que se pode esperar se mesmo un premio Nobel compórtase desa maneira?» Tamén despois dun ano, moitas mulleres foron admitidas na institución.[8]

Carreira e investigación[editar | editar a fonte]

O mentor de Sohonie no Instituto foi Sri Srinivasayya. Durante a súa estadía aquí, traballou en proteínas do leite, os legumes e as leguminosas (un tema que foi especialmente significativo no contexto indio). A súa dedicación e capacidade de investigación influíron na decisión de Raman de permitir que as mulleres ingresen ao instituto un ano despois de que completou a súa mestría cunha distinción en 1936.

Logo foi convidada á Universidade de Cambridge do Reino Unido para traballar con Derek Richter no laboratorio Frederick G. Hopkins. Foi alumna do Newnham College, onde se matriculou en 1937 e estudou o Tripos de Ciencias Naturais Biolóxicas.[9] Cando Richter se foi, traballou con Robin Hill e estudou os tecidos vexetais. A partir do seu traballo coas patacas, descubriu a enzima "Citocromo C" que desempeña un papel esencial na cadea de transporte de electróns (o proceso polo cal se crea enerxía para os organismos), que se atopa nas plantas e nas células humanas e animais.[7] A súa tese sobre o tema completouse en 14 meses e tiña 40 páxinas, o que se afasta das teses doutorais que xeralmente adoitan ser moito máis longas.

Logo de doutorarse Sohonie regresou á India en 1939. Como partidaria de Mahatma Gandhi, quixo volver ao seu país e contribuír á loita nacionalista.[4] Foi nomeada profesora e directora do Departamento de Bioquímica do Lady Hardinge Medical College de Nova Deli. Posteriormente, traballou no Laboratorio de Investigación en Nutrición de Coonoor como subdirectora adxunta, centrándose nos efectos das vitaminas.[7]

Casou con M. V. Sohonie en 1947 e mudouse a Bombai. Incorporouse ao Royal Institute of Science como profesora no Departamento de Bioquímica e traballou nos aspectos nutricionais dos legumes. Crese que o seu eventual nomeamento para o posto de Directora do Instituto atrasouse 4 anos debido aos prexuízos de xénero existentes na comunidade científica.[7] Durante este período, Kamala Sohonie e os seus estudantes levaron a cabo unha importante investigación sobre tres grupos de alimentos que son consumidos maioritariamente polos polos sectores de persoas economicamente desfavorecidas na India.

Comezou a traballar en "Neera" (zume extraído da inflorescencia de varias especies de palmeiras de toddy) por suxestión do entón presidente da India, Rajendra Prasad. Atopou cantidades significativas de vitamina A, vitamina C e ferro na bebida, e que estes elementos poden sobrevivir á concentración de Neera en azucre de palma e melaza.[7]

Estudos posteriores indicaron que a inclusión de Neera nas dietas de nenos adolescentes desnutridos e mulleres embarazadas de comunidades tribais como un suplemento dietético económico conduciu a unha mellora significativa na saúde.[5] Foi galardoada co premio Rashtrapati polo seu traballo neste tema.

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Kamala Sohonie foi un membro activo da Consumer Guidance Society of India (CGSI). Foi elixida presidenta da CGSI para o período 1982-1983 e tamén é autora de artigos sobre seguridade do consumidor para a revista da organización chamada 'Keemat'.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Manjunath, Chandrika (25 de decembro de 2017). "Kamala Sohonie: First Indian Woman To Get A PhD In Science". feminisminindia.com (en inglés). Consultado o 12 de maio de 2021. 
  2. 2,0 2,1 Gupta, Aravind. "Kamala Sohonie" (PDF) (en inglés). Indian National Science Academy. Consultado o 2021-02-28. 
  3. Datta, Sukanya. "The Glass Ceiling: The why and therefore" (PDF) (en inglés). Government of India. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 6 de marzo de 2016. Consultado o 2021-02-28. 
  4. 4,0 4,1 "How Kamala Sohonie Defied Gender Bias & Became the First Indian Woman PhD in Science". 10 marzo 2017. Consultado o 20 xaneiro 2018. 
  5. 5,0 5,1 Pal, Sanchari (2017-03-10). "How Kamala Sohonie Defied Gender Bias & Became the First Indian Woman Ph.D in Science" (en inglés). Consultado o 2021-02-28. 
  6. Kumar, Ritesh (7 de marzo de 2015). "Kamala Sohonie - Woman, Who Established the Nutritive Value of the Plants, Consumed by Poor People" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 12 de marzo de 2019. Consultado o 2021-02-28. 
  7. 7,0 7,1 7,2 7,3 7,4 "Kamala Sohonie" (en inglés). Consultado o 2021-02-21. 
  8. Manjunath, Chandrika (2017-12-24). "Kamala Sohonie: First Indian Woman To Get A PhD In Science" (en inglés). Consultado o 2021-02-28. 
  9. Newnham College student records

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]