Kaiukenbo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O kaiukenbo (kajukenbo ou kajukembo) é unha arte marcial híbrida, que combina o karate, o judo, o jujitsu, o kempo e o wushu (kung fu). Foi desenvolta nos anos corenta do século XX en Oahu (Hawai) como método de autodefensa contra criminais e soldados da mariña americana que atacaban á poboación civil. O Kaiukenbo é por definición un método no que as defensas e os ataques mudan, é un sistema en continua evolución.

Historia[editar | editar a fonte]

Os estilos nos que se baseou o kaiukenbo[editar | editar a fonte]

O propio nome ten a súa orixe nas primeiras sílabas dos nomes dos compoñentes de kaiukenbo:

Os fundadores de kaiukenbo[editar | editar a fonte]

Cinco mestres das diferentes artes marciais existentes en Hawai uníronse neste proxecto.

  • Peter Young Yil Choo - campión havaiano de boxeo e mestre do tangsudo,
  • Joseph Holck - mestre do Judo Kodokan e do Ju-jitsu de Danzan Ryu,
  • Frank Ordoñez - mestre do Judo Kodokan e do Ju-Jitsu de Sekeino,
  • Adriano Emperado (chamado "sijo" - "fundador") - mestre do Kara-ho kempo e do eskrima,
  • George "Clarence" Chang - mestre do boxeo chinés de Shaolin (Sil Lum "kung fu", norte e sul).

1945-1959[editar | editar a fonte]

Durante dous anos (1945-1947) os fundadores combinaron os seus coñecementos coa prática, testando regularmente as situacións de agresión posibeis na vida real. Pasado un tempo decidirón chamar a este sistema de defensa "kaiukenbo" e crear a Sociedade dos Cintos Negros (Black Belt Society) e o Instituto do Autodefesa Kaiukembo. Co tempo estas ensinanzas moveranse cara a costa do Pacífico dos Estados Unidos, concretamente ata a base aérea de Travis en California, onde no ano 1958 o mestre Aleju Reyes abriu a primeira escola fora das Illas do Havaí, nese escola formaría aos membros da forza aérea dos Estados Unidos.

En 1959, o "sijo" Emperado sumou as técnicas do wushu no kaiukenbo e trocou esta arte nunha combinación fluída de técnicas duras e "suaves".

Despois de 1959[editar | editar a fonte]

Charles Gaylord, Tony Ramos, e Aleju Reyes, que tiñan recibido os seus cintos negros de Emperado, expandiron o kaiukenbo polo continente americano, abrindo cada un deles a súa propia escola do kaiukenbo en Califórnia. En 1969, Tony Ramos entrenou con Bruce Lee co que intercambiou ideas e métodos. Aleju Reyes morreu en 1977, e Tony Ramos en 1999, en Havaí. Dende entón, Charles Gaylord é o presidente da Associación do Kaiukenbo de América (Kajukenbo Association of America).

O kaiukenbo na actualidade[editar | editar a fonte]

Actualmente, o kaiukenbo goza de boa saúde, estando máis asentado na sociedade que outras escolas de kempo. Ainda que contén certos aspectos de competición, concentrase principalmente no combate real e en análises prácticas. En xeral os practicantes de kaiukenbo son iso mesmo, prácticos, repugnando golpes en puntos coma ollos ou xenitais, poden ser permitidos se axudan na defensa contra ao agresor na realidade. A maior parte de escolas de kaiukenbo evitan trucos e movementos espectaculares sen unha aplicación práctica. Os plans de estudo inclúen contras para ataques e golpes con puños, coitelos, bastóns, armas de fogo...

Ainda que os diferentes tipos de kaiukenbo teñan unha base común, hai variantes. O kaiukenbo está baseado en catro estilos diferentes.

Certas escolas de kaiukenbo acentúan a importancia de 26 ("katas"). Soen ser dividas en 13 "pinyans" (chamados as veces "os xogos de Palama" - "Palama sets") e 13 "concentracións". Cada "concentración" ten o seu propio nome, que describe o seu movemento característico. Por exemplo a primeira concentración, a do "golpe do guindastre/garra do tigre", inclúe un golpe cun movemento que recorda guindastre e outro que ten un parecido ca garra do tigre. Cada movemento ten o seu significado. No exemplo anterior pode ser aplicado para bloquear un golpe co puño.

Nalgunhas escolas de kaiukenbo a oración xoga un papel importante, pero a maioría de escolas non teñen esa vertente mística. As leccións remátanse ca apelación aos tres elementos do kaiukenbo: o espírito, a mente e o corpo (cada un ten o seu propio sinal ca man). Máis tarde, os estudantes e o mestre abren identicamente as mans representando a paz; entón cúrvanse con unha reveréncia para expresar respecto.

Os graos e os títulos[editar | editar a fonte]

Cinto Tempo aproximado (meses)
branco 4
amarelo 5
laranxa 6
violeta 7
azul 8
verde 9
marrom III 6
marrom II 6
marrom I 6
negro 12

Os graos e os títulos son diferentes dependendo da escola. Os donos de cintos negros recibirán títulos de orixe chinesa:

  • Sijo (en chinés: "O fundador") é o grao máis alto, é o propio do fundador da escola. Este título é o empregado por Adriano Emperado.
  • Sigung ("o gran pai") significa o mestre dos mestres - sexto grao de mestría.
  • Sifu ("o pai") significa o mestre - de terceiro ata quinto grao de mestría.
  • Sibak ("o irmán máis vello") significa o asistente do mestre - a persoa que axuda no ensino - ata o terceiro grao de mestría.


Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]