Saltar ao contido

K Records

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
K Records
Tiposelo discográfico e editora discográfica independente
Data de fundación1982
Fundador(es)Calvin Johnson
SedeOlympia
PaísEstados Unidos de América
Na rede
http://krecs.com
Facebook: box7154 Twitter: k_recs Youtube: UCogORSAA2pQhT2lptBeIYdg Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

K Records é un selo discográfico independente de Olympia, Washington fundado no ano 1982. Polo selo realizaron os seus primeiros lanzamentos artistas como Beck, Modest Mouse e Built to Spill. A discográfica foi considerada "clave no desenvolvemento da música independente" dende os anos 80.[1]

O selo foi fundado polo líder de Beat Happening Calvin Johnson e foi dirixido durante moitos anos por Candice Pedersen. Moitos dos primeiros lanzamentos de K Records foron en formato casete, convertendo ao selo nun dos reflexos máis duradeiros da cultura do casete dos 70 e principios dos 80. Aínda que K edita principalmente pop pouco convencional e indie rock, o selo está considerado como un dos pioneiros do movemento riot grrrl e da segunda vaga de punk estadounidense nos 90.

Johnson fundou K Records no verán de 1982 coa intención de distribuír casetes dunha banda local, The Supreme Cool Beings, á que gravara actuando para o seu programa de radio na emisora da Evergreen State College, KAOS (FM). Segundo a autora Gina Arnold, o nome "K" orixinalmente viña de "knowledge" (coñecemento).[2] Johnson, porén, declarou que "non está claro por que o nome é K".[3]

K foi dirixido dende a cociña de Johnson en Olympia ata xaneiro de 1986, cando contratou a Candice Pedersen por 20 dólares a semana e créditos académicos na Evergreen State College. Pedersen converteuse en socia en 1989 ata que vendeu a súa metade do selo a Johnson en 1999.[3] En 2016, Pedersen díxolle a The Stranger que a separación fora en termos pouco amigables, e que Calvin acordou de mala gana un plan para pagarlle a súa participación, que lle devolvería ao longo de 20 anos.[4]

A primeira edición en vinilo do selo foi o sinxelo de 1984 de Beat Happening "Our Secret / What's Important",[3] pero a meirande parte dos primeiros lanzamentos de K foron en cintas de casete, "cuns 20" editados segundo unha entrevista de 1986 a Flipside, ademais de "4 máis en proceso".[5]

Johnson destacou:

Un casete é ideal para unha escena local como a de Olympia porque unha banda pode editar un casete e non ten que gastar os seus posibles aforros. Se tivesen que imprimor 50 discos aí marcharían todos os seus aforros. Pero se fas un casete, fas tantos como precises, son baratos, e se non os vendes podes usalos.[5]

Este gran grupo de lanzamentos locais só en casete realizouse a través da distribución por correo, o que finalmente converteuse nun traballo a tempo completo para Johnson e Pederson.[5] K Records comezou a publicar un boletín para apoiar as operacións de pedido por correo, que en 1986 tiña unha tirada duns 2 000 exemplares.[5] O selo tamén se beneficiou dun primeiro contrato de distribución con Rough Trade Records en 1985.[3]

A lista de distribución de K foi aumentando a medida que Johnson se achegaba a artistas que descubría a través do seu programa de radio en KAOS-FM. Os artitas recibían distribución a través dos boletíns e os recompilatorios en casete da discográfica.[3]

Mariella Luz, unha antiga empregada, é no presente a directora xeral. En 2016 varios artistas de K Records compartiron a súa preocupación sobre royalties perdidos do selo, describindo Kimya Dawson de The Moldy Peaches o selo como un "barco roto afundíndose".[4] Phil Elverum de The Microphones e Jared Warren de KARP tamén falaron sobre o pago dos royalties e as dificltades que atravesaba K Records. Johnson dixo que o selo liquidaría as súas accións para pagar as débedas aos artistas, pero que K non estaba en perigo.[4][6]

  1. Taylor, Steve (2004). The A to X of alternative music. New York: Continuum. ISBN 0826473962. OCLC 54415913. 
  2. Gina Arnold, "Route 666: On the Road to Nirvana." New York: St. Martins Press, 1993
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 Baumgarten, Mark, 1978- (2012). Love rock revolution : K Records and the rise of independent music. Seattle: Sasquatch Books. ISBN 978-1-57061-822-2. OCLC 755697720. 
  4. 4,0 4,1 4,2 Segal, Dave. "Is K Records a 'Broken, Sinking Ship'?". The Stranger (en inglés). Consultado o 2020-08-25. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 Hudley Flipside (Winter 1986). "Beat Happening". Flipside (51). pp. 12-13
  6. "Read This: Is indie mainstay K Records shortchanging artists?". News (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 28 de febreiro de 2021. Consultado o 2020-08-25. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]