The Microphones é unha banda estadounidense de indie rock procedente de Olympia, Washington, fundada en 1996 e disolta en 2003, cunha curta reunión en 2007 e rexurdimentos en 2019 e 2020. O grupo está liderado por Phil Elverum que sempre foi o principal compositor e produtor dos álbums da banda, pero tamén colaborou con outros músicos locais nas súas gravacións e xiras. A meirande parte das gravacións de Elverum do seu período inicial foron publicadas polo selo K Records.
Dende o ano 2003 Elverum grava e actúa baixo o nome de Mount Eerie.[1] En xuño de 2019 realizou un único concerto en Anacortes, Washington,[2] baixo o nome de The Microphones e anunciou o lanzamento dun novo álbum da banda, Microphones in 2020, en agosto de 2020.[3]