Jürgen Schmidhuber
(2017) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 17 de xaneiro de 1963 (61 anos) Múnic, Alemaña |
Adjunct professor (en) Università della Svizzera italiana (en) | |
2021 – | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade Técnica de Múnic - Dr. rer. nat. (pt) (–1991) |
Director de tese | Wilfried Brauer e Klaus Schulten (en) |
Actividade | |
Campo de traballo | Intelixencia artificial |
Ocupación | informático teórico, profesor universitario, investigador da intelixencia artificial, cofundador |
Empregador | Dalle Molle Institute for Artificial Intelligence Research (en) (1995–) Universidade Técnica de Múnic Università della Svizzera italiana (en) |
Membro de | |
Obra | |
Doutorando | Alex Graves (en) , Daan Wierstra (pt) , Marco A Wiering (en) e Denis Deratani Mauá (pt) |
Premios | |
| |
Jürgen Schmidhuber, nado en Múnic o 17 de xaneiro de 1963,[1] é un científico informático alemán coñecido polo seu traballo no campo da intelixencia artificial, concretamente nas redes neurais artificiais. É director científico do Instituto Dalle Molle para a Investigación en Intelixencia Artificial en Suíza.[2]
É máis coñecido polo seu traballo fundacional e moi citado[3] sobre a memoria longa a curto prazo (LSTM), un tipo de arquitectura de rede neural que se converteu na técnica dominante para varias tarefas de procesamento da linguaxe natural en investigación e aplicacións comerciais na década de 2010.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Schmidhuber completou os seus estudos de licenciatura (1987) e doutoramento (1991) na Universidade Técnica de Múnic en Múnic, Alemaña.[1] Os seus titores de doutoramento foron Wilfried Brauer e Klaus Schulten.[4] Alí ensinou desde 2004 ata 2009. Desde 2009,[5] ata 2021, foi profesor de intelixencia artificial na Universidade da Suíza Itasliana en Lugano, Suíza.[1]
Foi director do Instituto Dalle Molle para a Investigación en Intelixencia Artificial (IDSIA), un laboratorio de intelixencia artificial suízo, desde 1995.[1]
En 2014, Schmidhuber formou unha empresa, Nnaisense, para traballar en aplicacións comerciais da intelixencia artificial en campos como as finanzas, a industria pesada e os coches autónomos. Sepp Hochreiter, Jaan Tallinn e Marcus Hutter son conselleiros da compañía.[2] As vendas foron inferiores a 11 millóns de dólares en 2016; con todo, Schmidhuber afirma que a énfase actual está na investigación e non nos ingresos. Nnaisense aumentou a súa primeira rolda de financiamento de capital en xaneiro de 2017. O obxectivo xeral de Schmidhuber é crear unha intelixencia artificial xeral adestrando unha única IA en secuencia nunha variedade de tarefas limitadas.[6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 Schmidhuber, Jürgen. "Curriculum Vitae"
- ↑ 2,0 2,1 Markoff, John (2016). "When A.I. Matures, It May Call Jürgen Schmidhuber ‘Dad’". The New York Times.
- ↑ "Juergen Schmidhuber". scholar.google.com. Consultado o 2021.
- ↑ "Jürgen H. Schmidhuber". The Mathematics Genealogy Project. Consultado o 2022.
- ↑ O'Leary, Dave (2016). "The Present and Future of AI and Deep Learning Featuring Professor Jürgen Schmidhuber". IT World Canada.
- ↑ "AI Pioneer Wants to Build the Renaissance Machine of the Future". Bloomberg.com. 2017. Consultado o 2018.