Jutta Kleinschmidt
Aparencia
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 29 de agosto de 1962 ![]() Colonia, Alemaña ![]() |
Actividade | |
Ocupación | rally raid automobile driver (en) ![]() ![]() |
Deporte | rally raid (en) ![]() ![]() |
Premios | |
| |
Sitio web | jutta-kleinschmidt.de ![]() |
![]() ![]() |

Jutta Kleinschmidt, nada en Colonia o 29 de agosto de 1962, é unha xornalista e piloto de rallys alemá, coñecida por ser a primeira muller que conseguiu gañar o Rally Dakar, ao logralo en 2001. É ademais a única muller, e a única alemá de calquera xénero, en conseguir o triunfo final na categoría de coches.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou física e enxeñería ata 1986, realizando a tese en BMW. Desde 1987 ata 1992, traballou para esta mesma empresa, no departamento de deseño de vehículos. Desde 1993, compaxina os traballos de piloto e instrutora.
Carreira deportiva
[editar | editar a fonte]
1987
- Compite no Rally dos Faraóns, na que é a súa primeira participación nunha proba de rally, pilotando unha motocicleta.
1988
- Primeira participación no Rally Dakar, na categoría de motos.
1992
- Motos
- 1ª na clasificación feminina do Rally París-Cidade do Cabo.
- 1ª na clasificación feminina do Rally dos Faraóns
- 1ª nas 24 horas de Clermont-Ferrand.
- Coches
- Primeiras participacións en carreiras de coches de longa duración, nas 24 horas de Nurburgring e as 24 horas de Spa Francorchamps.
1993
- Motos
- 4ª na clasificación xeral do Rally dos Faraóns.
- Coches
- Primeira participación en rallys na categoría de coches, como copiloto de Jean Louis Schlesser.
1994
- Motos
- 1ª na clasificación feminina do Rally París-Cidade do Cabo, en motos.
- 1ª na clasificación feminina do Rally dos Faraóns, en motos, e 5ª na clasificación xeral.
- Coches
- 1ª na clasificación xeral da UAE Desert Challenge, en coches.
- 2ª na FIA Cross-Country Rallye World Cup, en categoría de dúas rodas motrices.
1995
- Coches
- 2ª na Copa do Mundo de Campo a través en categoría de dúas rodas e 7ª na categoría global.
1996
- Motos
- 1ª na clasificación feminina da Australian Safari and Desert Challenge.
- Coches
- 2ª na FIA Cross-Country Rallye World Cup, en categoría de dúas rodas motrices.
1997
- Motos
- 5ª na clasificación do Rally Dakar e dúas vitorias de etapa, converténdose na primeira muller en conseguilo.
- Coches
- 1ª nas 24 horas de Nurburgring.
1998
- Vitoria de etapa no Rally Dakar.
1999
- 3ª no Rally Dakar e dúas vitorias de etapa. Convértese na primeira muller en liderar a proba e terminar no podio.
- 4ª na FIA Cross-Country Rally World Cup.
- 4ª no Rally de Tunisia.
- 4ª na Baixa de Italia.
- 3ª na UAE Desert Challenge.
2000
- 5ª no Rally París-Dakar
- 2ª no Rally de Tunisia
- 2ª na Baixa de España
- 2ª no Rally Master
- 2ª no Rally polas Pampas
- 4ª no Rally de Marrocos
- 2ª na FIA Cross-Country Rallye World Cup
2001
- 1ª no Rally París-Dakar.
- 1ª na Baixa de Italia
- 2ª no Rally de Marrocos
- 2ª na Baixa de Portugal
- 2ª no Rally Master
- 2ª no Rally polas Pampas
- 2ª na FIA Cross-Country Rallye World Cup
2002
- 2ª no Rally Dakar.
2003
- 8ª no Rally Dakar.
- 3ª na Baixa de Alemaña.
2005
- 3ª no Rally Dakar
- 3ª no Rally polas Pampas
- 3ª no Rally de Marrocos
- 2ª na Baixa de Portalegre.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Web oficial de Jutta Kleinschmidt (en alemán) (en inglés)
- Jutta Kleinschmidt, a raíña do Dakar Serie de 4 artigos (en castelán)