Saltar ao contido

Justus Perthes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJustus Perthes

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento11 de setembro de 1749 Editar o valor em Wikidata
Rudolstadt Editar o valor em Wikidata
Morte1 de maio de 1816 Editar o valor em Wikidata (66 anos)
Gotha Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaCemiterio principal de Gotha Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeSchwarzburg-Rudolstadt Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióneditor Editar o valor em Wikidata
Período de actividade(Con vida en: 1880 Editar o valor em Wikidata)
LinguaLingua alemá Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosWilhelm Perthes Editar o valor em Wikidata

BNE: XX1299744 Find a Grave: 120979859 Editar o valor em Wikidata

Johann Georg Justus Perthes, nado en Rudolstadt (Turinxia) o 11 de setembro de 1749 e finado o 2 de maio de 1816, foi un editor alemán e fundador da casa editorial que mantén o seu nome.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu na cidade turinxia de Rudoldtadt e era fillos dun médico da corte de Schwarzburg. Desde 1778 traballou como libreiro nas proximidade de Gotha onde, en 1785, fundou a empresa editorial sobre cartografía Justus Perthes Geographische Anstalt Gotha. Máis tarde, en 1814, se lle uniu seu fillo Wilhelm Perthes (1793–1853), quen estivera na casa editorial dun sobriño de Justus, Friedrich Christoph Perthes, en Hamburgo.

Herdeiros[editar | editar a fonte]

Á morte de Justus en Gotha, Wilhelm fíxose cargo da empresa e sentou as bases da rama xeográfica da empresa pola que é principalmente coñecida, mediante a primeira publicación do Atlas Manual de 1817-1823, posterior ao de Adolf Stieler (1775-1836).[1]

Wilhelm Perthes contou coa colaboración dos xeógrafos alemáns máis eminentes da época, incluíndo a Stieler, como Heinrich Berghaus (1797–1884), Christian Gottlieb Reichard (1758–1837), quen estivo asociado con Stieler na compilación do atlas, Karl Spruner (1803–1892) e Emil von Sydow (1812–1873).[1] O negocio pasou ao seu neto Bernhardt Wilhelm Perthes (1821–1857),[3] quen estivo asociado con August Heinrich Petermann baixo cuxa dirección a coñecida publicación periódica Petermanns Geographische Mitteilungen foi editada por primeira vez en 1855, e Bruno Hassenstein (1839–1902) ;[1] e na seguinte xeración ao seu fillo Bernhard Perthes (1858–1919), que naceu despois da morte do seu pai Bernhardt Wilhelm.

Publicacións[editar | editar a fonte]

Desde 1785 a firma tamén editou o Almanaque de Gotha, unha publicación anual de tipo estatístico, histórico e xenealóxico (en alemán e francés) dos distintos países do mundo (publicado por primeira vez por Carl Wilhelm Ettinger, Gotha, en 1763); e en 1866 produciuse o elaborado Geographisches Jahrbuch baixo a dirección de Ernst Behm (1830–1884), a cuxa morte continuou baixo a do profesor Hermann Wagner..[2]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

  • Mapa de Texas, Territorio indio, Louisiana, Arkansas, Missouri e Kansas (1870), realizado por Ausgust Petermann e publicado por Justus Perhes (The Portal of the Texas History).
  • O 1875 Stieler Man-Atlas, e moitos outros mapas e atlases, é visualizábel en liña en DavidRumsey.com
  • Máis información sobre a historia e a situación actual do arquivo enorme (arquivo de mapa, bibliothèque) de 'Justus Perthes Geographische Anstalt Gotha' (incluíndo 'VEB Hermann Haack Geographisch-Kartographische Anstalt Gotha', publicando empresa na República Democrática alemá (GDR) desde 1955 a 1991, e 'Justus Perthes Geographische Verlagsanstalt Darmstadt', publicando empresa en Darmstadt desde 1953 a 1994), así como sobre a casa editorial actual 'Ernst Klett Verlag GmbH, Zweigniederlassung Gotha, Programmbereich Klett-Perthes' dispoñíbel en liña en perthes.de (Lingua alemá)
  • Máis información sobre 'Almanach de Gotha' (inglés) en liña en perthes.de