Justo González Ballesta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Justo González Ballesta
Nacemento 9 de outubro de 1951
  Lugo
Nacionalidade España
Ocupación médico e político
editar datos en Wikidata ]

Justo José González Ballesta, nado en Lugo o 9 de outubro de 1951, é un médico e político galego do PPdeG

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciado en Medicina e Cirurxía pola Universidade de Santiago de Compostela e especializado en Medicina de Empresa, Familiar e Comunitaria e Xestión e Administración Sanitaria. Foi elixido concelleiro de Mos por AP nas municipais de 1983 e nomeado primeiro tenente de alcalde. Foi elixido alcalde polo PPdeG nas municipais de 1987 e permaneceu no posto até 1999. Foi deputado provincial entre 1987 e 1991. Era o home de Xosé Cuíña na zona.[1] Foi director provincial do Sergas en Pontevedra de 1991 a 1993, e delegado da Consellería de Política Territorial entre 1993 e 1995. Foi secretario provincial de Organización e secretario xeral do PPdeG da provincia de Pontevedra entre 1990 e 1999. Foi elixido deputado no Parlamento de Galicia nas eleccións autonómicas de 1997. É presidente do Club Náutico de Vigo dende 2016.[2]


Predecesor:
Olegario Rodríguez Pérez
 Escudo de Mos (Pontevedra).svg
Alcalde de Mos
 
1987 - 1999
Sucesor:
Ramón Alonso Fernández

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]