Justo Galán Barbero
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
Justo Galán Barbero | |
---|---|
Madrid | |
Falecemento | 26 de xaneiro de 1938 |
A Coruña | |
Nacionalidade | España |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Justo Galán Barbero, nado en Madrid e finado na Coruña o 26 de xaneiro de 1938, foi un tipógrafo e político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Tipógrafo na Coruña. Debuxante. Estaba afiliado ao POUM. Participou nas actividades clandestinas da CNT e da FAI da Coruña até que foi detido en 1937. Xulgado na Coruña en consello de guerra, foi condenado a morte. Foi fusilado no Campo da Rata o 26 de xaneiro de 1938 con Lisardo Longueira García, José Maseda Vaamonde e Antonio Santos Fernández.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- A represión franquista na comarca da Coruña. Vidas na memoria. A Coruña: Laiovento. 2011. p. 95. ISBN 978-84-8487-288-7.
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Justo Galán Barbero na páxina web Nomes e Voces.