Justin Tucker

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Justin Tucker
Justin Tucker (cropped).jpg
No. 9 Baltimore Ravens
Posición:Kicker
Información persoal
Nacemento:21 / 11 de 1989 (30 anos)
Lugar:Texas Houston, Texas
Altura:6 ft 1 in (1.85 m)
Peso:180 lb (82 kg)
Información da carreira
Instituto:Austin (TX) Westlake
Universidade:Texas
Non drafteado:2012
Historial de equipos
Premios e galardóns
  • Super Bowl (XLVII)
  • 2× Pro Bowl (2013, 2016)
  • 3× Primeiro equipo All-Pro (2013, 2016, 2018)
  • 1× Segundo equipo All-Pro (2017)
Estatísticas NFL
Estatísticas do xogador en NFL.com

Justin Paul Tucker, nado o 21 de novembro de 1989 en Houston, Texas, é un xogador profesional estadounidense de fútbol americano. Aínda que non foi seleccionado no Draft da NFL despois de xogar a nivel universitario na Universidade de Texas, no ano 2012 asina como axente libre polos Baltimore Ravens, onde xoga desde ese ano como kicker. No ano 2013 foi campión da Super Bowl, tras vencer o seu equipo por 34−31 aos San Francisco 49ers.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nado en Houston, Texas, despois de graduarse na Escola Secundaria Westlake, Tucker xogou fútbol americano universitario na Universidade de Texas. No seu periplo colexial destacou a súa patada de gol de campo no último segundo para gañar o partido de máxima rivalidade entre a Texas A&M e a Universidade de Texas (27-25). Tras finalizar na universidade, Tucker non foi seleccionado por ningún dos 32 equipos da National Football League (NFL). Con todo, os Baltimore Ravens asinárono o 29 de maio de 2012 para comezar os adestramentos xunto co kicker Billy Cundiff. Despois de exhibicións impresionantes e tiros precisos de campo durante os partidos de pretemporada do equipo, Tucker gañouse o posto de titular tras a liberación de Cundiff do seu contrato con Baltimore.

O 12 de xaneiro de 2013, nun partido de eliminatoria de segunda rolda contra os Denver Broncos, Tucker converteu un gol de campo de 47 yardas no dobre tempo extra para gañar o partido e enviar aos Ravens ao Campionato da AFC por segundo ano consecutivo. Posteriormente, o 3 de febreiro de 2013, gaña o seu primeiro anel da Super Bowl tras vencer o seu equipo por 34-31 aos San Francisco 49ers.[1] Tucker posúe varios récrod como kicker da súa franquía, incluíndo o field goal a maior distancia da historia da NFL nun estadio cuberto (61 iardas).

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]