Juan Wonenburger Varela
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 29 de abril de 1888 A Coruña |
| Morte | 23 de setembro de 1972 A Coruña |
| Actividade | |
| Ocupación | emprendedor, político |
| Familia | |
| Irmáns | Julio Wonenburger |
Juan Wonenburger Varela, nado na Coruña o 29 de abril de 1888 e finado na mesma cidade o 23 de setembro de 1972,[1] foi un empresario e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Manuel Wonenburger Cabezudo e da súa segunda muller Cayetana Varela Suárez. Masón e republicano, era amigo e socio de Santiago Casares Quiroga no Atlantic Hotel. Participou no pacto de Lestrobe. Coa chegada da Segunda República foi elixido concelleiro da Coruña e deputado provincial. Foi elixido vicepresidente da Comisión Xestora da Deputación en xullo de 1932[2]. En 1942 fíxose socio de Wonenburger S.L.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Carolina Macía Pousa.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Necrolóxica en La Voz de Galicia, 24-9-1972, p. 12.
- ↑ El Pueblo Gallego, 16-7-1932, p. 5.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Vázquez Souza, Ernesto (2006). Noticia mínima e contexto da "Asociación Regional de Padres de Familia para la defensa del Laicismo en la Enseñanza", A Coruña (1931-1936). A Coruña: Laiovento. p. 71. ISBN 84-8487-103-7.