Julio Otero Mirelis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJulio Otero Mirelis
Biografía
Nacemento1895 Editar o valor em Wikidata
Ribadumia, España Editar o valor em Wikidata
Morte25 de xuño de 1979 Editar o valor em Wikidata (83/84 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Gobernador civil da provincia de Ourense
Gobernador civil de Pontevedra
Civil governor of Zaragoza (en) Traducir
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónavogado , político Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Republicano Radical Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Julio Otero Mirelis, nado en Ponte Arnelas (Ribadumia) cara a 1895 e finado en Madrid o 25 de xuño de 1979,[1] foi un avogado e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Instalouse como procurador na Coruña en 1924.[2] Na República militou no Partido Republicano Radical e foi nomeado gobernador civil de Pontevedra o 14 de setembro de 1933, pasando o 20 de decembro a ser gobernador de Ourense e o 28 de xuño de 1934 de Zaragoza, posto no que permaneceu ata o 20 de agosto de 1935. Nas eleccións de febreiro de 1936 foi candidato a deputado polo PRR na provincia de Pontevedra, non saíu elixido e foi detido por manexos electorais xunto con Emiliano Iglesias. Desde o cárcere de Pontevedra publicaron unha carta dicindo que “han sido víctimas de una infame maniobra de sus enemigos políticos […] que engañan descaradamente a la opinión, con la finalidad de lanzar a las masas izquierdistas contra ellos, […] Así que se ven obligados a abandonar Galicia”.[3] O golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 pillouno na zona leal e durante a Guerra civil permaneceu nela.[4] Regresou a Galicia ao rematar a guerra,[5] e seguiu exercendo a súa profesión de procurador. Despois foi procurador en Madrid.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou na Coruña con María de los Remedios Pérez Rodríguez en novembro de 1922[6] e foi pai de Julio Antonio Otero Pérez.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Necrolóxica en El País, 29-6-1979, p. 28.
  2. El Eco de Santiago, 4-4-1924 , p. 2.
  3. Faro de Vigo, 24-2-1936.
  4. El Pueblo Gallego, 19-4-1939, p. 5.
  5. El Pueblo Gallego, 19-4-1939, p. 2.
  6. El Progreso, 17-11-1922, p. 2.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]