Julio Galán Gómez
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1908 A Coruña, España |
Morte | 1975 (66/67 anos) Milán, Italia |
Actividade | |
Ocupación | arquitecto |
Familia | |
Pai | Julio Galán Carvajal |
Julio Galán Gómez, nado na Coruña en 1908 e finado en Milán en 1975, foi un arquitecto galego[1].
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo do arquitecto asturiano Julio Galán Carvajal, naceu na Coruña cando o seu pai era arquitecto dese concello. Traballaron xuntos durante un breve período de tempo a finais da década de 1930. Julio Galán Gómez residiu en Oviedo, onde tiña o seu estudio, e foi arquitecto municipal de Langreu na década de 1950.
Foi especialmente coñecido pola reconstrución trala Guerra Civil dos edificios das caixas de aforros de España: Oviedo, Áraba,[2] Segovia, Soria, Albacete, Castelló, Ávila, Burgos e León.
En Galicia reconstruíu tamén os edificios das caixas de aforros da Coruña,[3] Lugo e Santiago de Compostela. Salientan ademais varios edificios urbanos en Oviedo, Avilés, Santander ou La Felguera e Sama (Langreu).